Archivo de la categoría: FAMILIA EN EL AULA

Esta semana Lola A. tivo unha gran sorpresa. Natalia, a súa mami, ía estar con todos os alquimistas, contando unha fermosa historia. Era o conto de “Burbujitas” o preferido de Lola. Despois regalounos pegatinas de estrelas, que levamos como tatuaxes, e para rematar bailamos baixo unha choiva de pompas de xabrón. Foi moi divertido e pasámolo xenial. Graciñas Natalia!!!

Anuncios

Ceci, a mami de Lola A., tiña un oquiño e quixo vir visitarnos e contarnos a historia que máis lle gusta a Lola, “o conto da señora lingua”.
Pasámolo xenial e estivemos moi, moi atentos. E para rematar Ceci tróuxonos uns pequenos agasallos que nos molaron un montón. Se queredes comprobalo estade atentos a este vídeo…


Rubén recibíu unha gran sorpresa, un e-mail cheo de fotografías, fotografías moi especiais para el. Así que, como un gran comunicador, presentounos a súa familia, os seus xoguetes favoritos, a súa mascota,… Os alquimistas estaban moi emocionados e tamén participaron compartindo as súas inquietudes. Noraboa Rubén!!! e graciñas familia por axudarnos a conseguir que vir ao cole sexa unha gran experiencia.


Erika e Montse achegáronse á clase dos choquetes para volvernos a todos un pouco toliños, e como por arte de maxia, ou mellor dito… por arte de pincel, convertiron a cada un dos choquetes en divertidos animais, como por exemplo: lobos, raposos, mouchos, leopardos, tigres, tartarugas, volvoretas,… Fixeron unha divertida actividade de “body-paint”, unha maquillaxe corporal moi animalada. Mirade que chulada!!! Parabéns artistas!!!

Xa estamos desexando recibir máis visitas!!!


Pouco a pouco estamos a chegar ao fin do curso e ao fin do noso superproxecto deste curso. Unha nova superfamilia e superamigos quixeron ensinarnos os seus poderes. Para poder decubrilos baixamos ata Redondela coa axuda de varias familias, aínda que choveu sen parar ideamos un plan para baixar e foi moi divertido. No centro ocupacional “Lenda” tíñannos preparada unha boa…!!! Fixemos brazaletes de superhéroes, descubrimos os superpoderes destes mozos e mozas que fan cousas fantásticas e lindísimas. Outros prepararon un almorzo de superhéroes. Despois visitamos o outro centro e alí… os mozos ensinaronnos que alí, en Lenda, os mozos van para recuperar os seus poderes. E tivemos que pintar uns robots moi especiais que eles mesmos fixeran para nós.

Foi una gran experiencia para os choquetes e para os mozos e mozas de Lenda. Foi fantásticos ver aos peques e aos maiores traballar xuntos!!!

GRAZAS!!!



A %d blogueros les gusta esto: