Archivo de la categoría: FIN DE CURSO

Antes de rematar o curso os choquetes prepararon con entusiasmo a portada dos seus traballiños do terceiro trimestre, foi un traballo delicado e minucioso e quedoulles ben fermoso. Mirade canto traballaron estes choquetiños!!!


O último día do curso, os sapiens, quixeron despedirse da etapa de educación infantil cun acto de graduación moi singular. Recitaron un poema, cantaron una cantiga entre todos, fixéronnos gozar cun tenro vídeo lembrando moitas das cousas feitas nestes tres anos, recolleron os diplomas e orlas e por último bailaron ao ritmo de “Grease”. Foi un momento moi especial cheo de sorrisos, nervios e ata algunha que outra bágoa. Imos deixarvos un pequeno vídeo recordando algún deses momentos.


Os sapiens, antes de ir de vacación quixeron deixarnos un fermoso poema de despedida. Mirade que chulo lles quedou!

 


Por fin!!! Chegou o día esperado polos peques de Reboreda, o día de Indiana Bill, en Ramallosa. Xogamos, trepamos, balanceámosnos, corremos, saltamos, deslizámosnos,… durante unha mañá chea de diversión e actividade. Mirade que ben o pasamos!!!

 


Un ano máis a nosa saída de fin de curso foi ao parque Indiana Bill da Ramallosa. É unha saída que todos esperamos con moita impaciencia porque, por un día, grandes e pequenos, podemos pasar toda a mañá xogando xuntos, saltando, trepando, rodando, tirándonos polos tobogáns, correndo…
Aquí vos deixamos unha pequena mostra!!!


Como punto e final a este curso, os peques de Reboreda fixeron una gran festa de aniversarios cunha merendola moi, moi sabrosa. Chuches, lambetadas, froita, bocatas,… Primeiro preparamos a coroa con motivos veraniegos e brillantes adornos. Mirade que ben o pasaron nesta última festa os sapiens e os cocoricos…

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own photo slideshow

Nesta ocasión utilizamos o noso corpo e diferentes técncas plásticas, como por exemplo a estampación con esponxas de diferentes formas. Queredes ver que chulas quedaron? Pois atentos…

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free slideshow


A %d blogueros les gusta esto: