Archivo de la categoría: GRADUACIÓN-ACTO

Os sapiens, remataron o curso ao ritmo de “Grease”, cunha coreografía que deixou a todos coa boca aberta no seu acto de graduación. Esperamos que tamén vos guste. Noraboa Sapiens!!! Sodes grandes artistas!!!


O último día do curso, os sapiens, quixeron despedirse da etapa de educación infantil cun acto de graduación moi singular. Recitaron un poema, cantaron una cantiga entre todos, fixéronnos gozar cun tenro vídeo lembrando moitas das cousas feitas nestes tres anos, recolleron os diplomas e orlas e por último bailaron ao ritmo de “Grease”. Foi un momento moi especial cheo de sorrisos, nervios e ata algunha que outra bágoa. Imos deixarvos un pequeno vídeo recordando algún deses momentos.


Os sapiens, antes de ir de vacación quixeron deixarnos un fermoso poema de despedida. Mirade que chulo lles quedou!

 


Tres anos cheos de recordos, soños e ilusións. Ata sempre meus sapiens!!!


Así foi o noso paso por infantil.

Hai un momento na vida onde divertirse xa non é pensar nun mesmo, senón que divertirse significa pasalo ben escoitando reflexións fantásticas, vendo películas de debuxos que están de moda, saudando coa man o tren ou un avión, escoitando cancións infantís, repetindo unha e outra vez o mesmo conto.
Ser mestra non te cambia pero fai que te des conta que os pequenos que están na aula merecen o mellor de ti cada día.
Por iso o noso traballo comeza antes de entrar na aula e termina cando vas durmir pola noite ( e, ás veces, nin aí)
Polas noites pensas en que farás na aula ao día seguinte, na vindeira semana, co que proxecto podes involucrar as familias, como podes enganchar aos nen@s… e pola maña chegas a aula e todo o que pensaches quédase en nada porque os nen@s teñen unha idea nova coa que traballar.
Cada día tentas darlle a cada nen@ o que precisa e sempre marchas coa sensación a casa de que tes que facer máis.
O que queres que aprender os nen@s nunca será a ler e a escribir que saiban pensar por si mesmos, que valoren as súas creacións e as súas ideas, que entendan as diferenzas entre uns e outros, que saiban compartir, que non lles falte nunca o xogo, nin a imaxinación e sempre teñan ganas e forzas de cumplir todos os seus soños.
Por todo isto espero que os Cocoricos non me recorden polas ensinanzas que puiden deixar nas súas cabezas, senón polas que puiden deixar no seu corazón.


Nesta entrada quero deixarvos un fermoso vídeo que recolle moitos dos recordos destes inesquecibles tres anos. Foi unha misión casi imposible seleccionar as fotos porque todas eran moi tenras e doces e aínda así… quedaron nos arquivos moitas, que digo moitas, moitiiiiiiimas que me gustaría ensinarvos de todas as tarefas que fixemos, das saídas, das celebracións, da vida da aula,… que o vídeo sería tan longo que sería imposible publicalo. Espero que vos guste porque está feito con moita tenrura (dende as fotos, as cancións,…) para os meus peques, porque eles son os meus SOLES!!! Botareivos moitísimo de menos “Exploradores”, sempre estaredes no meu corazón.


E agora deixámosvos os vídeos do acto da graduación para que vexades que guapos estaban os grandes graduados e graduadas da clase dos exploradores e dos sínefos. Ahhh!!! e tamén vos amosamos o baile das familias, xa que foi o máis divertido de todo o acto pero por culpa das novas tecnoloxías non saíu todo o ben que pretendiamos pero aínda así rimos un rato. Esperamos que vos gusten.



A %d blogueros les gusta esto: