Archivo de la categoría: HORTA

A profe Luisa deunos unhas sementes que podían ser máxicas así que tivemos que poñernos mans a obra!!


Os choquetes, unha xornada máis, achegáronse á horta para comezar cos cultivos da tempada. Nesta ocasión prepararon a terra e plantaron chícharos, logo retiraron malas herbas e finalmente entre todos regaron coa mangueira. Mirade que bo equipo de agricultores temos aquí!!!


Nova sesión de horta de Apolos e Xirasois que a semana pasada sementaron herbillas, limparon a horta e recolleron verzas. Os Xirasois aproveitaron para facer verzas cocidas con lacón e os Apolos levámolas para casa para compartir en familia. Clicade na imaxe para ver as fotos.

plantar


Traballar a horta encántanos, estamos fóra, en contacto coa natureza, tocamos, sentimos e pasámolo moi ben, ademais aprendemos unha chea de cousas pero o mellor de sementar e cando o que sementamos medra.
Este ano non tivemos moita sorte coas verzas e tivemos que plantalas ata tres veces pero, curiosamente, das primeiras que sementamos resistiu unha coliflor así que os Apolos e os Xirasois fomos a recollela na horta para poder comela.
Decidimos facer tortilla de coliflor e coliflor rebozada. Limpámola, puxémola a cocer e logo comezamos a elaborar a receita.
Mirade que pasada!


A semana pasada fomos a horta Apolos, Xirasois e Choquetes xuntos. Aproveitamos para limpar e sementar amorodos. Mirade coma traballamos!!!


Apolos e Xirasois esta semana foron a horta para encher pneumáticos, usar as follas secas coma materia orgánica e preparar todo para poder plantar amorodos a vindeira semana. Colocámonos as luvas, as botas de auga, collemos os sachos, as carretas e… mans a obra.


Os choquetes sempre que teñen un ratiño e o tempo o permite visitan a horta dos peques para plantar cultivos da tempada ou, como nesta ocasión, para mantela limpa de malas herbas. Estes choquetes xa son uns verdadeiros agricultores, mirade con que xeitiño fan as súas tarefas!



A %d blogueros les gusta esto: