Archivo de la categoría: INICIO

Os exploradores xa levaban días esperando a volta á escola. Tiñan moitas ganas de voltar para ver aos seus amigos, para voltar a xogar nos recunchos, para inventar divertidas historias no patio e para compartir ricas merendas.

Tantas ganas tiñan de estar de volta…….. que non podían parar de falar de todo o que fixeran nestas semanas de vacacións. E como se non houbese pasado o tempo, rapidamente acostumáronse ao ritmo e rutinas da escola.

Así foi o noso primeiro día…


Cando falamos do  proceso de adaptación estamos referíndonos as fases sucesivas polas que pasa o neno/a ata adapatarse a novo medio, neste caso a escola.

Trátase dun intervalo de tempo onde os nen@s teñen que asimilar os cambios que se van producir na súa vida, contorna e ambiente e, ademais, en moitos casos, a primeira separación das figuras de apego.

O ingreso na escola é un cambio moi grande para os nen@s: novo ambiente, novos espacios, novos compañeiros…, situacións novos que lle van dar novas aprendizaxes e experiencias que non poden vivir nas súas casas e que lle van permitir resolver infinidade de situacións.

Chegar a un lugar novo producenos a todos, e sempre, certa desconfianza e inseguridade, por iso debemos estar ao lado dos nen@s, escoitalos e axudalos a construir esta nova dimensión que se presenta nas súas vidas.

Aproveitade este tendo vacacional para falar cos nen@s da escola, sen enganalos, non lle podemos dicir que algo marabilloso, nin tampouco que é un sitio terrible. A nosa seguridade e tranquilidade é fundamental para que a actitude do neno cara a escola sexa positiva. Se tedes medo ou desconfianza ídesllo transmitir ao neno.

Sentade cos nen@s e se tedes algún fillo maior, sobriño ou amigo que estuvera fai pouco na escola infantil que vos conte a súa experiencia.

 [rockyou id=115950879&w=450&h=337]


Estes días andamos traballando co tema dos animais. É un tema que nos encanta e co que aprendemos unha chea de cousas.

Aproveitando que hai tantos animais decidimos facer un abecedario cos nomes dos animais e, a verdade é que quedou moi ben.

Edicións Margarida (o sello editorial da nosa biblioteca) xa nos deu o visto bo e a partir da próxima semana estará a disposición de todos na biblio.

[rockyou id=113050666&w=500&h=375]


Hoxe aproveitando que mañá é o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Xose M. Álvarez Blázquez , tivemos o DÍA DOS XOGOS.

Foi un día moi axitado dende primeira hora da mañá pero realmente xenial. E o mellor de todo foi que todos marchamos para casa cun regalo por ter xogado tan ben. Este cole noso é unha maravilla.

Mirade.

[rockyou id=112892608&w=500&h=375]


O venres día 16 Carla tivo un día moi feliz. O seu debuxo foi elixido coma portada da revista Bolboreta. A verdade é que ela non pensaba gañar, fixo o debuxo para divertirse no recuncho dos animais que temos na aula e, SORPRESA, de súpeto a súa bolboreta regordeta convertíase en portada.

De regalo recibiu un libro de Castelos e un puzzle de animais. Os regalos gustáronlle moito e está desexando ver a revista para ver que tal quedou o seu debuxo.\"\"

[rockyou id=111471533&w=426&h=319]


O INICIO DO CURSO 2007-8

   Hoxe comenzamos a nosa andaina,”PEQUESREBOREDA”  Somos os nenos e nenas de Educación infantil , pouco a  pouco iremos enchendo este blog coas nosas experiencias,amosandovos parte do noso traballo diario na aula,das excursións ,cumpleanos…etc

    Ningún comenzo é perfecto,así que tendes que ter un pouco de paciencia con nós, iremos a modo pero con paso firme,estámos a medrar, a aprender, a facernos persoas autónomas  e eso as veces é duro e leva tempo,así que …..a ter paciencia.

 Desexamos que vos guste,esta é a nosa páxina,o noso traballo ,a nosa vida na escola .Coincidindo coa chegada da primaveira  empezamos a andar. BENVIDOS A TODOS.



A %d blogueros les gusta esto: