Archivo de la categoría: INTERCULTURALIDADE

No proxecto das familias artistas tivemos unha forma de arte moi especial e orixinal. Fixéronnos arte na pel coa hena. A mamá de Zouhir explicóunos que era a hena, como era e para que se utilizaba no seu país de orixe. Tamén quixéronnos obsequiar con té árabe e as súas deliciosas pastas. Foi una experiencia incrible!!!

Anuncios

A clase dos exploradores chegaron dúas amigas moi especiais, a curmá e a amiga de Lucas, que chegaban dun país cercano ao noso, aínda que como dixo Lucas para ir a pé todavía estaba moi lonxe, ese lugar chámase Francia. Clemence e Sterenn (aínda que Lucas presentóunolas con outros nomes máis doados de pronunciar) quixeron coñecer aos famosos exploradores, dos que tantas veces lles falara Lucas. Dixéronlle onde estaba Fracia e o lugar onde vivían elas, falaron un pouquiño en francés, cantáronnos unha pequena canción infantil (que logo tentamos cantar todos xuntos cando chegaran os pequesreboreda que faltaban) e ata quixeron agasallarnos contándonos o coñecido conto dos tres porquiños en francés, e ata nos deixaron unha sinxela receita dun doce do seu país.

Moitas grazas amigas foi moi interesante a vosa visita!!! Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas do voso país!!!


O VENRES RECIBIMOS UNHA CARTA INESPERADA, A AVOA DE BRAULIO ESCRIBIUNOS DENDE MANCHESTER E XUNTO COA CARTA ENVIOUNOS UNHAS POSTAIS QUE NOS DEIXARON COA BOCA ABERTA DE TANTO QUE NOS GUSTARON.
BRAULIO COMPARIU A CARTA E AS POSTAIS CON TODOS, E AGORA COMAPRTÍMOLO CON TODAS AS FAMILIAS PARA QUE VEXADES QUE ENRIQUECEDORA É TODA A VOS COLABORACIÓN, GRACIAS ADELA, AVOA DE BRAULIO.


Durante varias semanas levabamos comentando cos pequenos o duro que é vivir sen auga, eles estaban moi concienciados xa que o curso pasado estivemos traballando no proxecto “Pinga a pinga”.
Estivemos todo un ano traballando coa auga pero… a auga non aparece. Está escondida, sen ganas de baixar a enchernos de alegría. As noticias non paran de falar de recortes no suministro, de situación de risco se non chove, do baleiros que están os embalses… e iso que nos somos unha comunidade rica en auga.
Por iso a actividade de hoxe ten máis sentido ca nunca, podemos poñernos na situación daqueles aos que a chuvia non chega durante meses, non teñen embalses, camiñan horas por unha xerra de auga… e, día tras día, a historia volve repetirse.
Por iso queremos dar as grazas a cada un dos participantes que trouxo unha pinga de esperanza en forma de libro e agora, imos trocar as nosas pingas por outras, sabendo que ese intercambio convertirase en chuvia para níger, chuvia que dará esperanza e novos horizontes a outros nen@s, que coma nos neste momento, non paran de ver para o ceo pedidno auga para a vida.
Ánimo e con estas pingas literarias, enchamos de auga de cores a Níger e os nosos redores.

OS WATERS

Boas, os waters tardamos un pouco pero xa estamos aquí. A actividade do mercadiño siolidario deunos moito xogo na clase xa que traballamos moitas cousas do proxecto do curso pasado e que da nome á nosa aula. Queremos compartilo con todos vós, ou polo menos unha parte importante de todo o traballo feito por cada pinga de auga que forman os waters. Saúdos.

OS SÍNEFOS

AQUÍ TENDES UNHA PEQUENA MOSTRA DE TÓDOLO QUE TRABALLAMOS PARA LEVAR A BO PORTO ESTA ACTIVIDADE, APRENDEMOS UNHA CHEA DE COUSAS E DISFRUTAMOS MOITO, PERO QUE MOITO; MIRADE CARIÑAS CON GAÑAS DE COMPARTIR.
O RESULTADO FOI FANTÁSTICO COMO PODEDES VER, E UNHA VEZ MÁIS TAMÉN GRACIAS A VÓS FAMILIAS.

OS EXPLORADORES
Así que………. puxémonos mans á obra e preparamos con esmero o cartel do noso posto do mercado, recollemos os donativos e eleximos un número que nos permitiría colocarnos ordeadamente nunha ringleira para ir trocar o noso vale por un libro. Así foi todo o proceso de preparación e desenvolvemento desta bonita actividade solidaria, á que tamén se uniron outros cursos da escola. Grazas a tod@s pola vosa pequena pero GRAN colaboración co pobo de Níger.

OS COCORICOS

Boas novas! O pasado venres, Os Cocoricos, quixemos formar parte duha grande labor solidaria. A organización dun mercadiño de contos, a través do cal se recadaron fondos para axudar aos nenos e nenas de Níxer, onde a auga é moi escasa. Tal e como podedes observar, non soamente doamos contos para que todos os poidamos comprar, senón que tamén lle axudamos á profe María a elaborar o cartel do mercadiño. Ademais aprendemos o importante que é a auga para os seres vivos e a necesidade de axudar aos que non a teñen. Esperamos que vos guste o noso traballo.

Un saúdo familias!


Bos días, ainda que hoxe (31 de xaneiro) é o propio día da Paz, a semana pasada estivemos a falar moito dela e a traballar para que tódolos días sexan días de paz. Cada día que pasa xa facemos maís cousas no sós e avanzamos moito en canto a autonomía dentro da aula, imos polo bó camiño, mirade senón.

Saúdos dos waters.


Os exploradores este curso, durante o seu proxecto de interculturalidade: Viaxando por un mundo de cores, ao igual cos Vincis viaxaron pola China e descubriron moitísimas cousas, coma por exemplo: Comidas chinesas, costumes, formas de entreterse nos momentos de lecer, a súa escritura, formas de relaxación, etc.

Ahí vos deixamos unha presentación con todas as cousiñas que fixemos neste longo curso, para refrescarvos a memoria.


Se lembrades, a semana pasada cando veu Alex ao cole fíxonos un tangram xigante. Os Vincis tamén o construimos na clase e conseguimos facer as sete pezas sos. Despois de que a profe lle derá algúns retoques as que non estaban ben cortadas puxémonos a construir con elas. Foi moi entretido.
Teño que reconocer que non me lembraba moi ben dos pasos que seguira Alex e fixemos tres triángulos iguais, en vez de dous, pero, aínda que un matemático diría que iso está mal, para nos valeu. Iso si, recoñecinlles aos Vincis os meus erros. E é que os profes, afortunadamente, tamén nos equivocamos moitísimas veces.



A %d blogueros les gusta esto: