Archivo de la categoría: LECTOESCRITUTA

Este curso os Apolos temos moita sorte porque temos connosco a profe Claudia, que é estudiante da Escola de Formación do Profesorado e está de prácticas na nosa aula. A semana pasada deseñou as actividades de toda a semana e estivemos traballando coas letras, as maiúsculas que xa coñecemos e as minúsculas. Fixemos unha chea de cousas e pasámolo moi ben.

Anuncios

Estes días andamos xogando coas letras e o outro día xogamos a un xogo novo na pantalla. Tiñamos imaxes e había que por a primeira letra do nome da cada imaxe, resulta que ao rematar todas as letras había escrita unha palabra e tiñamos que tentar ler que poñía.
Xa lle dixen aos Apolos que era un xogo de maiores e que igual non podía facelo pero resulta que coma son superheroes e superheroinas poden con iso e con moito máis.
Mirade que ben o fixeron!


Levamos algúns días falando de quen son os superheroes para iniciar o noso proxecto. Pouco a pouco descubrimos algunhas cousas interesantes coma que van disfrazados para que os villanos non saíban que son persoas, que teñen poderes (ás veces porque lles pica un animal), que algúns voan e que sempre gañan.

Sabemos algunhas cousas pero tamén temos dúbidas porque non sabemos de onde sacan o seu poder algúns superheroes, e tamén hai algúns que inda non coñecemos e non temos claro porque os villanos son tan malos así que imos ter que traballar a reo.

De entrada fixemos unha pequena compilación de ideas que colocamos na porta para telas presentes.


Vai chegando o día de comer no noso restaurante. Imos ofrecer un menú do día pero, todo bo restaurante, debe ter unha carta. Así que cada equipo completou a plantilla da súa carta e decorouna coma quixo.
Así aproveitamos para repasar os pratos, ver a orde na que os iamos servir, traballar a motricidade fina e tamén a creatividade.


Xa vos comentei na anterior entrada que tivemos moito traballo estes días para deseñar o menú do restaurante. Coma vos chefs estamos facendo probas pero no restaurante os pratos teñen que ser uns iguais aos outros e para iso necesitamos ter unha guía, saber que cantidade leva cada prato e coma se coloca.
Os equipos partindo dos menús que xa deseñaran escolleron a cantidade de ingredientes que ían levar, coma os ían colocar e perfilaron detalles que aínda non estaban claros.

Todo este proceso supón poñerse dacordo no que van facer, traballar lóxica-matemática, por exemplo, uns dos problemas que tivemos foi que un equipo quería poñer 3 tomates por comensal, eran 6 comensais, iso resolveríamolo cunha multiplicación pero eles non saben así que lle pediron axuda a profe Marina que seguindo as aportacións ía facendo cada membro do equipo debuxou os tomates en cada prato e fíxoo na pizarra para que mirasen todos, logo  eles contaron a cantidade total (xenial, verdade?)
Ademais traballamos lectoescritura, creatividade, traballamos de xeito cooperativo, repartimos os ingredientes que tiña que traer cada un… En fin, un gustazo!!!

E prométovos que inda queda o mellor: “o día que cociñaron” pero iso vai ser no próximo post.


Seguimos a traballar co noso restaurante pero despois das primeiras prácticas e de investigar un pouco temos unha chea de dúbidas sobre coma funciona. Falamos e debatemos ata  chegar a conclusión de que precisamos axuda. Pero non nos valía de calquera, queriamos axuda profesional así que escribimos un mail aos cociñeros con “ESTRELA MICHELÍN” galegos, tamén a escola de hostelería de Pontevedra e esta semana tamén reenviaremos a mail a cociñeiros máis cercanos a ver se hai sorte e alguén nos bota un man.
Aquí tedes un resumo de coma fixemos o mail,

e, por suposto, as nosas preguntas.


Nesta ocasión fixemos un novo notebook, para traballar na nosa pseudo-PDI. Traballamos contidos relacionados cos deportes, coa lectoescritura, coa lóxico-matemática,… é unha divertida forma de aprender todos xuntos sen darnos conta de que estamos traballando. Imos amosarvos uns pequenos retazos deses momentos de traballo.



A %d blogueros les gusta esto: