Archivo de la categoría: LETRAS GALEGAS 2010

Coma todos os anos, co gallo das letras galegas celebramos na escola moitas actividades, pero a máis esperada de todas polo alumnado é “o día dos xogos”. Unha boa ocasión para recordar algúns dos xogos tradicionais galegos, coma por exemplo: a chave, as cartas, os aros, a pesca da botella, o baile da vasoira, o baile da pataca, o xogo das sillas,…

Para os exploradores e os sínefos era a súa primeira vez e fixéronno moi ben. Particiaron, xogaron e bailaron sen perder o compás e sen esquecer coller os tickets ao rematar para logo canxear por un magnífico agasallo, que elixixieron eles mesmos. Mirade como participaron e que ben o fixeron…

E así gozaron e participaron os chamáns cos xogos tradicionais galegos.

Anuncios

Toda esta semana no cole estamos a celebrar as Letras Galegas con diferentes actividades: O martes, colocación de bandeiras e canto do himno galego no patio da entrada, o mércores concerto didáctico: “Interculturalidade na música popular galega” e como remate final este venres terá lugar o día máis esperado do ano: O día dos xogos.

O concerto didáctico foi unha gran actividade, na que os alumnos de 5º curso nos amosaban particulariedades de varios instrumentos e nos contaban un pouquiño da súa historia e de como chegaron a Galicia. Os peques de reboreda estaban abraiados e super-atentos, xa que unha das cousas que máis lles gusta é a música, queredes ver anaquiños do concerto e as facianas dos peques, pois ahí vai….


Esta semana no cole de Reboreda estamos de festa. Co gallo da celebración das Letras Galegas temos unha semana chea de actividades especiais. Comezamos hoxe escoitando o himmo que interpretaron a profe Isa e a profe Loli e que todos acompañamos cantando.
Mañá temos un concerto didáctico e remataremos a semana co día favorito dos nen@s: O DÍA DOS XOGOS, onde todos xogaremos e ao final da xornada iremos para casa cun agasallo.



A %d blogueros les gusta esto: