Archivo de la categoría: LETRAS GALEGAS-2011


Os Cocoricos vivimos moi intensamente a nosa primeira semana escolar das Letras Galegas. Comezamos presenciando o izado das tres bandeiras, ademais do acompañamento do Himno Galego. Seguimos co coñecemento sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrade, autor ao que adicamos este ano o Día das Letras Galegas. Tamén baixamos a Redondela, para presenciar un grande espectáculo de títeres. Logo festexamos o Día da Árbore cunha grande saída campestre, onde plantamos, xogamos e comemos unha deliciosa empanada. E para pechar dita semana participamos no Día dos Xogos, onde desfrutamos realizando distintas actividades como bailar, pescar ou correr.
Foi unha semana moi completa que desexamos compartir con vós. ¡Unha aperta!


A semana pasada tivemos a sorte de poder reunirnos cos nosos compañeiros de Agrupacións por segunda vez neste ano. Coma nos xa foramos a Casalonga tiñamos unha pequena idea de coma recibir aos nosos amigos.
Os días previos, coma xa vos contamos fixemos o cartel, preparamos as pingarotas para darlles e mandamos notas as familias para ter nos tamén unha boa merendola.
Unha vez máis, temos que agradecer a todas as familias a súa implicación porque tiñamos unha mesa na que non faltaba de nada: doces, magdalenas, pizzas, empanadas, croquetas, tortillas, ovos recheos, galletas, biscoitos, empanadillas, bocatas…
Recibímolos con todo o noso agarimo, xogamos xuntos, compartimos a comida e a celebración dos aniversarios de abril e maio e, aproveitando que era o DIA DOS XOGOS no noso cole, tivemos unha xornada lúdica xogando e recibindo tickets que cambiamos por premios.
Foi un día moi intenso pero creo que todos, tanto os nen@s de Reboreda coma os de Casalonga quedamos moi contentos.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR ESCOITARNO E AXUDARNOS EN TODAS E CADA UNHA DAS NOSAS INICIATIVAS, DA GUSTO TER FAMILIAS TAN IMPLICADAS NA EDUCACIÓN DOS SEUS PEQUENOS.

Cando os Vincis marcharon para casa, os nosos amigos de Casalonga inda quedaron un pouco máis no noso cole. Aproveitamos a cantidade de comida que mandaron as nosas familias para comer na clase dos Vincis. Logo xogamos un pouco, e, antes de marchar recollemos todos os xoguetes que gañamos cos xogos. Foi un día moi intenso e cheo de emocións. Ata a próxima, COCOS e PINGOTAS.


Aquí vos deixamos a actuación estelar dos peques re Reboreda o día das letras galegas no seu primeiro certame de canción mariñeira.


Este mércores celebramos na escola o día das letras galegas e como todos os anos, cantamos o himno galego e despois de ver uns vídeos de Lois Pereiro cantamos cantigas mariñeiras. Os peques de Reboreda cantaron: “Catro vellos mariñeiros”. Ao principio non nós saía moi ben pero despois coa axuda dos profes quedou perfecto, jajajajaja.

Para rematar un día tan intenso participamos nos xogos tradicionais das letras galegas, poidemos xogar a: a chave, ao baile da vasoira, ao baile das cadeiras, ao aros, a pesca da botella,… tendo como iinvitados aos nenos e nenas do CRA de Teo, aos pingotas e aos cocos.

Ahí vos deixamos un retallos de todo o que fixemos nese día tan intenso.



A %d blogueros les gusta esto: