Archivo de la categoría: LETRAS GALEGAS

Unha semana moi intensa e chea de actividades. Nesta ocasión visitounos “Ce orquestra pantasma”. Cantamos, demos palmas e bailamos sen parar cun artista tan completo. Mirade que divertido foi!!!

Anuncios

O día dos xogos foi un día moi intenso para os pequesreboreda. Primeiro tiveron que baixar a Redondela para asistir un ano máis ao festival de títeres, de volta á escola xogamos, bailamos e divertímonos nos tradicionais xogos que aparecían polos diferentes recantos do patio dos maiores. Deixámosvos uns pequenos vídeos para que vexades que ben xogamos.


O pasado luns demos comezo a semana das letras galegas co izado de bandeiras, un pequeno repaso á vida e obra de Carlos Casares e para rematar o grupo “O carballo das cen pólas” amenizaron ese primeiro día con cánticos e bailes moi propios da nosa Terra. Mirade que ben o pasamos!


Coma todos os anos, aproveitamos o Día das Letras Galegas para celebrar o día dos xogos. Este ano, coma nos dous anteriores decidimos converter este día de alegría e festa nunha festa solidaria, nesta ocasión fixemos unha recollida de alimentos para o banco de alimentos. Para iso, todos os alumnos que querían podían aportar alimentosnos días previos ao día dos xogos. Ese día fixemos a entrega dos alimentos que xa tiñamos acumulados na aula e logo fomos a xogar. Ao rematar e para agradecer as donacións sorteáronse libros entre cada curso do cole pero os mestres de infantil falamos cos nen@s e prefiremos, en lugar do sorteo, deixar o conto para a biblioteca de aula.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!!


O luns, 16 de Maio, no cole quixemos festexar o día das letras galegas, cunha chea de actividades. Primeiro fixemos o izado de bandeiras, escoitamos poemas de Manuel María, cantamos o himno. Despois fomos depositar na mesa solidaria as nosas aportacións ao banco de alimentos. E despois do recreo participamos sen parar por cada un dos xogos que nos esperaban nos diferentes recunchos do patio. O xogo da chave, a corda, as gomas, os aros, o baile da vasoira, o baile da pataca, o xogo das cadeiras,… Os peques estaban un pouco asombrados pero os meus “exploradores” de 4º A quixeron acompañarnos e axudarnos en cada una das actividades, que fermoso é ver como os maiores axudan aos pekes e os guían. Mirade, mirade!!! Deixámosvos ver uns minutiños deses momentos!


Este ano o día da letras galegas está adicado a Manuel María. En anos anteriores algúns dos autores que foron homenaxeados non se prestaban moito para traballar en infantil pero este ano temos unha chea de recursos fantásticos para poder achegarnos mellor a figura e obra de Manuel María.
Aquí vos deixo algún xogo e poemas músicados dos que traballamos na aula.

LIM DO SEMINARIO GALAN

MANUEL MARIA

CANCIÓN A VACA ADAPTADA POR MAXÍN BLANCO E UXÍA SENLLE, VÍDEO ELABORADO POLO ALUMNADO DO IES AS BARXAS

CANCIÓN “O SEMÁFORO”, María Fumaça


A semana das letras galegas rematou co día dos xogos tradicionais. Despois de entregar os materiais escolares para a ONG AMAN e de facer a entrega dos premios-2015 da biblioteca de Margarida todos os peques do cole baixaron ao patio para participar en cada un dos xogos que estaban repartidos por todo o patio. Poidemos xogar ás chapas, ao baile da vasoira, ao baile das cadeiras, á pesca da botella, á corda e ás gomas, ás carreiras de sacos, á chave e ás carreiras de aros. Pasámolo xenial!!! Mirade cantas cousiñas fixemos!



A %d blogueros les gusta esto: