Archivo de la categoría: MARGARIDA

A semana pasada o reto de Margarida de Coñecendo a orixe foi moi difícil, o máis complicado de todos. Debiamos deseñar algún mecanismo para mellorar os poderes de Superlópez. Os Apolos cando comezamos co proxecto dos robots vimos un vídeo dunha man robótica caseira e Daniela pensou que Superlópez podía ter tres mans e así podía loitar mellor contra os malvados. Ao resto gustounos a idea e puxémonos mans a obra.
E así o fixemos.


É verdade que algúns intentos de kriptonita quedaron en boas intencións pero tamén fixemos outros con grande éxito. Xa vedes que levamos uns días super atarefados. Iso si mirade a cara deles cando triunfámonos, non ten prezo!!!
O mellor de todo foi cando chegou á hora de contestar a pregunta da biblioteca… Non vos adianto máis. Mirade, mirade!!!


Estes días estivemos liados resolvendo as preguntas que nos propuso Margarida, a mascota da biblio, no seu blog. Pero, ademais das preguntas había un reto, facer kriptonita. Así que os Apolos puxémonos mans a obra. Despois de ver o que sabiamos deste metal fixemos unha primeira proba seguindo o vídeo que publicou Margarida e logo creamos a nosa propia.

Aquí tedes a nosa primeira incrusión pero, nos vindeiros días, contarémosvos máis.


Despois do Nadal os choquetes comezaron a visitar a biblioteca de Margarida, una vez á semana. Nela poden ver libros diferentes, do mundo que me rodea, libros con sorpresa, libros para contar, libros para ver soíños,… e nos últimos minutos da sesión aproveitamos para facer unha sesión de contacontos.  Queredes velos por este buratiño para ver como o fan? Pois poñédevos cómodos que isto vai comezar…


Na biblio de Margarida estamos dando forma entre todos os nenos e nenas do cole de Reboreda ao noso particular “Carballo dos 100 contos”. É una árbore diferente e moi orixinal que se enche de cores coa axuda de todos os nenos e nenas. Pouco a pouco os peques vanse animando e van deixando as súas recomendacións nas pólas desta árbore tan particular. Mirade que fermosa se está poñendo coa axuda de todos.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Free digital scrapbooking design customized with Smilebox


Os Cocoricos participamos nas Olimpiadas das nosa amiga Margarida. Durante varias semanas recibimos un correo cunha pregunta relacionada cos contos, iso levounos a buscar a información necesaria por todos os medios posibles: na biblioteca, en internet e preguntando aos da casa.
Trouxemos contos, remexemos na biblioteca, as nosas familias axudáronnos a buscar respostas, miramos vídeos, lemos contos, debatemos entre nós e ao remate demos con todas as solucións.
Como premio ao noso grande esforzo e traballo, Margarida obsequiounos cun fermoso diploma “Aos mellores investigadores” e agasallounos cunha mochila viaxeira. ¡Moitas grazas Margarida!



Neste Entroido os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazámonos de Piratas, uns piratas moi chusquiños e aventureiros. É por isto que Os Cocoricos estivemos preparándonos a conciencia, ¡traballamos moito! Aprendemos cousas novas de piratas, lemos contos, vimos vídeos, cantamos cancións e preparamos os nosos disfraces; poñéndolle lunares aos panos, pintando os catalexos ou decorando o barco con peixes, estrelas e cabaliños de mar.
No día sinalado, estabamos moi emocionados e ilusionados, ¡por fin chegaba o que tanto desexabamos! Vestímonos coas roupas de piratas, pintamos o parche no ollo, colocamos o pano na cabeza, pillamos os catalexos e subimos ao noso grande barco. ¡Xa estabamos listos!
Coa axuda das familias saímos do cole e surcamos os mares de Reboreda, foi unha viaxe trepidante á par que divertida, onde nos defendemos dos ataques externos coas máxicas pompas de xabón.
Ese día xa rematou, pero Os Cocoricos seguimos soñando que somos uns valentes e feroces piratas, que navegamos polos mares do mundo na procura de enormes tesouros.
¡FELIZ ENTROIDO!



A %d blogueros les gusta esto: