Archivo de la categoría: MASCOTAS NA AULA

Xa rematou o curso pero aínda nos quedan algunhas cousas pendentes.

Os  últimos días levamos para casa o libro dos vermes de seda onde recollemos todo o que fomos aprendendo deles.


Despois de todo o trimestre traballando cos vermes queríamos rematar con sabor doce así que fixemos un verme comestible e, ademais de fermoso, quedou delicioso!!!


E outra vez os nosos vermes déronnos unha gran sorpresa e novas fontes de coñecemento. Resulta que xa temos a case todos os vermes no capullo, agás o noso “baby”, un verme que non deu medrado e ao que non lle agarda un gran futuro, outro verme que aínda segue comendo e… será mellor que o vexades.
ESTADE BEN ATENTOS!!!


Seguimos coidando os nosos vermes e xa están enormes. A verdade é que non nos dan máis que satisfaccións, os Apolos están aprendendo moitísimo con eles, sobre todo, a nivel sensorial e experimental.
No vídeo podedes varias cousas, entre elas coma interactúan con eles. Eu tento manterme á marxe todo o posible. Filmeinos en varios momentos e podedes ver as súas caras e coma exploran sos. Realmente da gusto velos tan implicados.


Os nosos vermes están enormes e, semana a semana, imos aprendendo con eles. A semana pasada foron pasar a fin de semana na casa de Carla e Ainoa que os coidaron moi ben. Durante a semana aproveitamos para observalos de preto e medilos. Aquí podedes velo.


Os nosos vermes seguen medrando a bo ritmo e nÓs, semana a semana, seguimos aprendendo unha chea de cousas. Estes días estivemos vendo como mudan a pel. Teo contounos coma os coidou e volvemos lembrar os tipos que temos.


Os nosos vermes xa teñen unha semana e podense ver sen lupa así que este venres marcharon pasar a fin de semana na casa de Mauro. Para iso pasamos toda a semana coidando deles, dándolles de comer e vendo coma van medrando.

 

 

 



A %d blogueros les gusta esto: