Archivo de la categoría: MATERIAIS E RECURSOS

Nesta ocasión fixemos un novo notebook, para traballar na nosa pseudo-PDI. Traballamos contidos relacionados cos deportes, coa lectoescritura, coa lóxico-matemática,… é unha divertida forma de aprender todos xuntos sen darnos conta de que estamos traballando. Imos amosarvos uns pequenos retazos deses momentos de traballo.


Acaba de chegar á clase dos choquetes unha caixa misteriosa, chea de cousas deportivas. Estivemos investigando e descubrindo para que podería servir cada cousa, falamos moitisimo e descubrimos moitas cousas interesantes. A verdade que tanto participamos que tivemos que facer dous vídeos porque non podíamos deixar nada fóra. Mirade, mirade… estes peques medraron un montón!!!

 


Aínda que na nosa clase a pantalla non é una PDI, nós xogamos con ela como se fose. Preparamos diferentes actividades de lecto-escritura e de lóxico-matemática para traballar todos xuntos. Tivemos que formar puzles, facer series, contar, relacionar cantidades con números,… relacionadas co conto que estamos a traballar neste trimestre “Unha eiruga moi larpeira”. Agora imos deixarvos unha pequena mostra de todo o que facemos na nosa pantalla. Encántanos xogar nela todos xuntos!!!


Coma xa vistes pasamos unhas xornadas moi intensas traballando coas froitas e froitos de outono, ademais, aproveitamos a visita a aula de informática para seguir traballando.

Preparamos un xogo lim das froitas e froitos de outono onde compilamos algunhas das cousas que aprendemos estes días e así, dun xeito máis lúdico, seguimos aprendendo e repasando todo o visto.
Aquí vos deixo aos Apolos xogando!!!

E coma non, o xogo para que sigades practicando na casa. Clicade para xogar.

limfroitosoutono


Os Apolos e os Sapiens estamos moi emocionados porque comezamos un novo proxecto coas familias.

Este ano, aproveitando o tema da arte que estamos a traballar no centro, creamos un portfolio para os nosos pequenos artistas que irá a casa de xeito semanal para que os peques e as súas familias fagan unha obra de arte: pintura, escultura ou arquitectura, que logo traerán ao cole e que formará parte da exposición final que faremos ao rematar o curso. Para facilitar o traballo creativo as familias os nen@s, ademais do portfolio con información e soporte papel, tamén incorporamos un maletín con diverso material que se pode empregar para enriquecer as creacións.

Pero, ademais desta parte máis plástica, tamén propuxemos as familias unha parte máis artística, a semana seguinte de levar a maleta convidanos a familiares e amigos dos peques a que se acheguen a nosa aula e nos amosen algunha das súas destrezas artísticas. Esta é unha actividade voluntaria onde as familias pódennos contar contos, facer unha manualidade, tocar un instrumento, facer un taller de cociña… Buscamos abrir a nosa aula as familias para que poidan compartir connosco o placer que supón poder traballar a diario cun nen@s tan receptivos.

Aquí vos deixamos un wix con máis información sobre o proxecto.

wix arte

E unha vez máis, GRAZAS A TODOS POR COLABORAR!!!


Neste trimestre propúxenme que ademais de facer obras de arte e traballar a autores coma Kandinsky, os nen@s debían ter a oportunidade de experimentar coas cores ou con diversos elementos que tivesen un resultado inesperado para eles, é dicir, incorporar o proceso científico e o método empírico na nosa práctica.
Durante este curso xa fixemos algunas achegas coma as estrelas no leite, fai duas semanas xogando co leite e os colorantes alimentarios…
A semana pasada fixemos algo moi básico pero que lles encanta, misturamos as cores para ver que pasaba. Despois, a partir das cores primarias e aplicando o aprendido, fixemos obras de arte.
Mirade que ben o pasamos!!!


Esta semana no noso recuncho pusemos en práctica unha idea que vimos no blog: école petite section. Trátase de facer unha adaptación das obras da artista asiática Kusama. Nesta ocasión usamos rollos de papel de diversos tamaños e gomets de colores. Os nen@s fixeron a súa obra de xeito individual e despois unímolas todas nun gran cadro.
Perdoade porque non teño fotos de todos os nen@s que pasaron polo recuncho porque un par de días esquecinme de facerlles fotos.
Espero que vos guste!



A %d blogueros les gusta esto: