Archivo de la categoría: NADAL

Os corrredores do cole están cheos de copos de neve moi fermosos e delicados, fixéronnos os pequesreboreda empregando diferentes materiais, como: palliñas de refresco, boliñas de porespan, pompóns, limpiapipas,… Traballaron sen descanso para que este Nadal unha gran nevada inundase os corredores do cole.

Anuncios

Un curso máis a ANPA do cole convidounos a unha gran festa no pabellón. Bailamos, xogamos e atendemos a un divertido espectáculo de maxia.


Os pequesreboreda no festival de inverno cantaron e escenificaron a canción: “Buscando Papá Noel a árbore de Nadal”

BO NADAL!!!


Como chegaba o Nadal, os choquetes ambientaron a súa aula e os corredores do cole con motivos navideños. Para a clase fixeron calcetíns de superheroes empregando diferentes técnicas e materiais plásticos. Quedaron moi coloridos e vistosos!


Antes de ir de vacacións non puidemos evitar a tentación de volver cociñar outra vez coma o ano pasado. Nesta ocasión fixemos unhas deliciosas galletas con forma de reno pero tivo que amasar a profe porque cando iamos misturar rompéusenos o batedor así que tivemos que apañarnos. Aínda así sairon moi ricas, de feito non quedaron nin as migallas!!


Estamos de vacacións, chega o tempo da ilusión. Os Apolos estivemos moi ocupados estes días preparando elementos de decoración de nadal. E fixémola con moitísima ilusión.
Aquí tedes un resumo!


En Decembro, chegou a última festa dos aniversarios deste ano. Agora xa todos os choquetes teñen 3 aniños. Pasámolo xenial e ata escoitamos un asombroso conto de nadal da man da profe Vero. Mirade, mirade que ben o pasamos!!!

 



A %d blogueros les gusta esto: