Archivo de la categoría: NEAE

Despedimos o primeiro trimestre desexándovos unha felices festas a todos!!! Pasade uns bos días de descanso, disfrutade da fantasía, e, sobre todo, contaxiádevos da ilusión e alegría dos pequenos. Non esquezades que non hai que perderse no consumismo o que eles precisan por riba de todas as cousas e a vos e a vosa atención.

FELICES FESTAS E GRAZAS POR TODO O VIVIDO XUNTOS NO 2016, ESPERO QUE NO 2017 SIGAMOS COMPARTINDO CENTOS DE AVENTURAS!!!


PARA CONMEMORAR O DÍA DE HOXE,  A ASOCIACIÓN PARA A INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON AUTISMO PORDEREITO, CONVIDOUNOS A COLOCAR GLOBOS AZUIS NAS VENTANAS E PORTAS DO NOSO COLE.

SUMÁNDONOS A ESTA INICIATIVA, QUIXEMOS AMOSAR O NOSO APOIO E APRECIO ÁS PERSOAS CON AUTISMO.

page

 


A semana nas clases de bimodal aprendemos moitísimas cousas. Por unha banda tivemos tema novo: as partes da casa.

Despois de repasalas e xogar ao bingo para que nos quedasen mellor, a profe Alejandra propúxonos un xogo moi divertido e co que aprendemos unha chea; o xogo da verdade ou mentira. Ela dicía unha frase en signos e tiñamos que dicir se era verdade ou mentira e traducila. Parece sinxelo pero é unha actividade moi, moi difícil e os Cocoricos fixéronno xenial. Despois ata se atraveron a facer eles as frases. A profe Alejandra máis eu quedamos moi sorprendidas!!!


Tiña pendentes un par de clases de bimodal dos venres. Aquí volas deixo. Por unha banda, signos relacionados co DÍA DA PAZ.

Por outra banda, signos relacionados co AMOR. Agora a seguir practicando na casa.


Mirade, é un corto fermosísimo e quero adicarllo especialmente a tod@s as pequenas/as Marías/os que temos no CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO.


Dende fai unhas semanas nas clases de bimodal ademais de xogar aos lotos (bingos) de vocabulario, aprender novos signos e repasar algúns outros, estamos a traballar gramática. Trátase de explicarlle aos nen@s e sempre tendo en conta a súa idade coa funciona unha lingua, neste caso a LSE e coma a posición dos signos e similar, o que muda é o movemento.

Para iso a profe Alejandra explicounos coma moitos signos parten da posición de A e estivemos vendo que sabiamos moitos nesta posición. Despois tamén falamos doutras posición que non necesariamente forman letras porque non todos os signos parten das letras.

A partir dese momento os Cocoricos entusiasmáronse polo tema e decidimos seguir investigando.

Aquí vos deixo un adianto.


A semana pasada estivemos repasando os alimentos e a familia pero volvemos a facelo a través de frases. Os Cocoricos fixérono moi ben e agora vos tedes a oportunidade de practicar con eles.



A %d blogueros les gusta esto: