Archivo de la categoría: nos tamen creamos

A finais de maio fixemos a premier da nosa curta de animación. Este ano traballamos arreo nesta presentación e pagou a pena porque, unha vez máis, a resposta das familias foi fantástica.
Fixemos 100 entradas e case esgotamos todas e iso, tanto para a profe Rosa, a profe Amparo coma para min foi o verdadeiro premio.
O martes cando rematamos toda a posta en escea e quedamos soas,  estabamos contentísimas por ter a escola chea, polo contentos e orgullosos que estaban os Choquetes e os Apolos e polo ben que saíra todo.
Aquí vos deixamos un resumo de coma o fixemos.


E agora, aproveitade e buscádevos no Photocall.

GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POR ACOMPAÑARNOS E FACER GRANDES AS COUSAS PEQUENAS!!!


Xa está publicado o noso corto na páxina da CRTVG e aquí vos deixamos o enlace por se queredes volver vela. En pouco días vos ensinaremos coma foi a nosa premier. Seguide atentos!!!

E ADEMAIS ACABAN DE COMUNICARNOS QUE GAÑAMOS O PRIMEIRO PREMIO NO CONCURSO DE CURTAS “NOS TAMÉN CREAMOS” ORGANIZADO POLA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA!!!


QMCH_invitacion07(1)

Moitos xa recibistes a invitación na casa, para o resto, un ano máis participamos no concurso “Nos tamén creamos” da Secretaría Xeral de Política Lingüística. E chegou á hora de compartir con todos horas e horas de traballo. Para ir abrindo boca aquí vos deixamos o trailer da película deste ano.

NON FALTEDES!!!


Foi unha actividade fantástica, estabamos moi nerviosos e desexando que chegara o día. Non gañamos o concurso pero iso a nós deunos o mesmo, mereceu a pena todo o traballo realizado e as actividades que preparamos ao redor da nosa peli. Foi marabilloso realizalas cos todos os nosos compis dos pequereboreda e coas nosas familias, todos pasámolo xenial e así o reflexamos no noso divertido “photocall”. Parabens peques por un traballo tan ben feito!!!

 

 


O prometido é débeda.

Aquí vos deixo un pequeno resumo de coma os Apolos escollemos as froitas e verduras para deseñar as personaxes.
Tiñan que ser froitas e verduras para seguir co tema de traballo deste ano e debían ter sentido dentro do conto, así co conto a nosa beira e, tendo en conta o material que xa fixeran os Choquetes, puxémonos mans a obra.
O maior problema era que había que facer as personaxes xusto no momento antes de grabar porque se deterioraban moito e ao día seguinte xa non valían. Aínda así, conseguimos facer as personaxes con froitas e verduras e facer a película sen moitos percances (aínda que algún houbo!!)
Aquí volo deixo.


E chegou o día. Despois de traballar arreo durante todo o mes de abril e esperar a que a CRTVG publicara as curtas na súa web, por fin, puidemos facer a estrea. Tivemos unha chea de traballo previo: preparar o photo call, facer as entradas, preparar máis de 150 princesas para compartir entre os compañeiros de infantil e as familias… Pero todo pagou a pena.
Fixemos un primeiro pase pola mañá para os nosos compañeiros de infantil, despois de collerlles a entrada e repartir os flocos de millo, miramos a pelí e, ao finalizar, démoslles as princesas (xa vos contaremos noutro post de onde saiu a idea das princesas). Pasaron polo photo call e preparamos todo para o pase da tarde.
Xa pola tarde, así foron as cousas:

QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODOS POR VIR: PAIS, NAIS, IRMÁNS, AVÓS/AS… NON CONTABAMOS CON TER UNHA ACOLLIDA ASÍ. SODES UNHAS FAMILIAS FANTÁSTICA, AS MELLORES QUE SE PODEN TER!!!

Viñeches a ver a pelí con nos? Búscate no photo call!!!


Estamos a prepararvos o vídeo de coma foron os días previos a estrea pero para que poidades volver a velo, deixámosvos o makking off e o vídeo do conto a partir do cal fixemos a peli!!!

CONTO CHUZOS DE PUNTA

MAKKING OFF DA PELÍCULA



A %d blogueros les gusta esto: