Archivo de la categoría: PEQUENOS CONTACONTOS

As contacontos de 5ºB, María e Paula, chegaron a nosa clase cargadiñas de historias para contarnos, unhas fábulas moi coñecidas e outras non tanto. A súa primeira sesión de narradoras estivo moi ben. Noraboa! Esperamos vervos moi pronto contándonos novas historias!

Anuncios

Un ano máis os choquetes reciben a visita semanal de expertos contacontos do cole. Nesta ocasión foron Alba e Laura as que viñeron a visitarnos, cunha coñecida historia pero ao mesmo tempo orixinal. As dúas intérpretes fixeron una divertida adaptación do conto da toupiña que quería saber que lle fixera aquilo na cabeza. Noraboa rapazas!!! Fixéstelo moi ben!!!


Estas grandes artistas non paran de argallar, unha semana tras outra, para deixarnos abraiados coas súas sesións de contacontos. Nesta ocasión foron todas en conxunto as que prepararon unha sesión espectacular. Dramatizaron de xeito orixinal e moi sinxelo o fermoso conto, “A mellor sopa do mundo”

Os choquetes estaban encantados e para que todos disfrutasen desta sesión tan especial invitamos tamén aos Apolos. Deixáronnos coa boca aberta!!!

XENIAL EXPLORADORAS!!!

SODES GRANDES ARTISTAS!!!


A profe Lidia sempre ten grandes ideas e planificou cos seus alumnos e alumnas de 4º B un conto que nos presentaron de forma moi orixinal, aos choquetes e aos apolos, na aula de psicomotricidade para celebrar a semana do libro. Estabamos tan atentos que nin pestanexamos. Dicían que case non tiveran tempo para preparalo pero… fixeronno XENIAL!!!

Que? Xa estades ansiosos para velo, non? Pois atentos, atentos…. que isto xa comeza!!!


As miñas exploradoras de 5ºA, están enganchadas ao de contar historias e cada sesión que pasa fanno mellor, fanno xenial!!!

Nesta ocasión Andrea, tiña moitas ganas de dramatizar un conto que lle gustaba moito cando era pequerrecha, polo que animou ás súas compis e mira o que fixeron…

Son unhas grandes artistas!!!


Iria visitou a clase dos choquetes para traernos unha historia fantástica, Blobló. Estes pequenos espectadores estiveron moi moi atentos xa que Iria fíxoo moi ben. Parabéns Iria!!!


Lucía, achegouse a clase dos choquetes para compartir con eles unha nova historia fantástica, “Unha eiruga moi larpeira”. Narrou o conto coa axuda de Antía e Sheyla, que lle axudaron a mover a pequena eiruga que rillaba, sen parar, nas froitas e alimentos desta historia. Os choquetes tiveron que estar moi atentos porque Lucía despois do conto fixo un pequeno concurso para ver si recordaban algunhas cousiñas. Ao final Lucía agasallou con ricos caramelos a este público tan atento. Noraboa Lucía!!! Fixéchelo de 10!!!



A %d blogueros les gusta esto: