Archivo de la categoría: PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Hoxe queremos amosarvos que ben o pasan os choquetes dentro da aula, imos ensinarvos que ben fan as rutinas e actividades diarias da aula, como por exemplo o momento da plasti.

Pero para estar máis pretiño deles imos a amosarvos un vídeo para velos en vivo e en directo. Parabens choquetes!!! Que ben adaptados estades!!!


Pouquiño a pouco os choquetes van integrándose nas rutinas do cole, ás veces cóstalle algo, como por exemplo: no momento da entrada ou no momento do patio. Pero cada día que pasa xa están mellor. Mirade o que ben xogan cando están no patio.


Pouco a pouco os choquetes vanse integrando nas rutinas da aula. Pasamos lista, poñemos a data, eleximos os recunchos e facemos algunhas actividades de mesa. Mirade que ben xa se están integrando.


Estes días os “choquetes” xa viñeron unha hora e… eles soíños!!!

Algúns choraron un ratiño, outros estiveron observando desde un currunchiño, outros comezaron a explorar a aula e pasaron un ratiño xogando nos recunchos da casiña, dos puzzles ou das construcción. Queredes velos por este buratiño?

Pois atentos, atentos… que o vídeo vai comezar!!!


O curso xa deu comezado no cole de Reboreda e con el tamén chegaron os máis peques do centro, os “Choquetes”.

O primeiro día foi moi especial, os papis, mamis, avós ou coidadores compartiron con nós un día de cole. Fixemos xogos de presentación, acudimos ao despacho do director ou ao da xefa de estudios para que nos entregasen o noso ansioso carnet de membro oficial do cole de Reboreda. O director tamén agasallounos cunha pegatina e con ricos caramelos. Despois fixemos unha pequena excursión polo centro, visitamos a aula de psicomotricidade, de música e a biblioteca. Por hoxe a nosa xornada rematou, xa que imos vir pouquiño a pouco para integrarnos con normalidade, pero prometemos voltar moi pronto.


Imos deixarvos unas pequenas explicacións da importancia do período de adaptación en educ. infantil e una serie de recomendacións para favorecer e ingreso dos peques na escola.

 

 


MAFALDA
UN ANO MÁIS XA ESTAMOS DE VOLTA COAS PILAS BEN CARGADAS E CHEOS DE IDEAS PARA INICIAR ESTE NOVO CURSO.
REUNION
E ARRANCAMOS, COMA SEMPRE, TENDO UNHA REUNIÓN PARA FALAR DESTA NOVA ANDAINA.
VEMONOS O MARTES 8 DE SETEMBRO ÁS 11 DA MAÑÁ NO SALÓN DE ACTOS DO COLE DE REBOREDA

NON FALTADES!!!
NIÑOS



A %d blogueros les gusta esto: