Archivo de la categoría: PLAN CONSUMO FROITAS

Durante a semana das froitas, nas merendas fomos degustando diferentes froitas: mazá, plátano, amorodos, melón e mandarina. O venres, como día final desta semana tan saudable fixemos una macedonia coas froitas que nos sobraron estes días. Así que os choquetes, lavaron as mans, remangáronse e puxéronse máns ás froitas. Mirade que coordinados traballaron e que ben o fixeron. Son un gran equipo!!!


FROITA
Un ano máis participamos no Plan Escolar de Consumo de Froita e cada día acompañaremos as nosas merendas dunha peza de froita.


A semana pasada, tivemos a ocasión de celebrar a semana das froitas. Foi unha semana de merendas diferentes, xa que non tivemos que levar o tentempé de media mañá porque no cole dábannos froitas diferentes cada día da semana. O luns comezamos polos amorodos, o martes tomamos mandarinas; o mércores, deliciosos plátanos; o xoves, ricas laranxas e o venres, rematamos a semana, comendo pequeniños albaricoques.

Para algún sapiens foi unha semana complicada, xa que non lles gustaba moito a froito pero iso si……….. todos probáronna e moitos repetiron.  Agora imos deixarvos unhas fotos moi deliciosas, mmmmm!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow customized with Smilebox

A semana pasada na escola volveuse a celebrar a semana da froita, polo que cada día da semana os pequenos sapiens poideron degustar diferentes froitas desta tempada, como por exemplo: albaricoque, plátano, melón, sandía e mazá. Ao principio a algún costáballe un pouco probar froitas diferentes pero pouco a pouco, ao longo da semana, foron probando e saboreando os sabores refresacantes das froitas desta tempada.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design

OS COCORICOS TAMÉN COMERON MOI BEN A FROITA. AQUÍ OS TEDES.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free digital slideshow

Os máis peques da escola tamén saben comer moi ben as froitas. A algúns deles non lles gustaba moito comela porque estaba fría, tiña moi zume a mollaba as mans pero todos tentaron probala. Agora deixámosvos un pequeno resumo das nosas merendas coas froitas.


Hoxe foi o día que mellor comemos a froita. Pelamos as mazás, a maioría quixeron que llas partira e a comer. Ata a profe que non lle gustan moito as mazás comeu a súa enteira.

Clicade na imaxe para ver a presentación.


Hoxe tocounos comer mandarina. Cheiraban de vicio aínda que había algunha un pouco agria. Aínda así todos probaron. A maioría comeu moi ben. Mirade que maiores.



A %d blogueros les gusta esto: