Archivo de la categoría: PLSS

A comezos de outubro, a biblioteca abríu as súas portas un curso máis. Por iso festexámolo facendo a lectura silenciosa dun xeito moi particular. Cada clase ocupaba un espazo diferente do cole, no seu interior ou polo patio, e adicábase a ler en silencio xunto coas outras aulas.

Anuncios

Os choquetes estaban encantados porque moitos papis, mamis, avós, avoas,… quixeron vir a ler con nós na lectura silenciosa. Como era un momento especial, quixemos facelo tamén de forma especial polo que collemos os libros e saímos ao patio, buscamos una boa sombra e una pouca de herba para acomodarnos no chan e pasar 20 minutiños lendo sen parar. Foi un momento moi máxico pero non volo vou dicir eu… mirade este vídeo e quedaredes prendados das fotos tan bonitas que roubamos a eses momentos.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS… FAMILIAS!!!

SEMPRE TAN ATENTAS, SEMPRE TAN ENTREGADAS, SEMPRE TAN CERCANAS!!!


Para dar comezo a hora de ler, este ano quisemos inagurar este momentiño fóra da aula, xunto a todos os compañeiros da escola. cada clase buscou un recunchiño onde acomodarse e dar paso a 20 minutos de lectura doce e agradable.


Pola semana do libro, fixemos o venres unha lectura silenciosa moi particular, invitamos ás familias do cole a facela con nós. E cal foi a nosa sorpresa cando moitos invitados chegaron á ler cos choquetes (papis, mamis, avós,…) todos caladiños puxéronse a ler, uns polo corredor, outros na clase, por parellas, en grupiños,… cada quen buscou un compañeiro ou compañeira de lectura creando un momento moi máxico todos xuntiños, atentos e caladiños.


Os antigos exploradores, case sempre que poden, non deixan de vir a visitarnos. Nesta ocasión quixeron facer e compartir con nós o momento da lectura silenciosa, que todos os xoves e venres facemos no cole despois do recreo.  Mirade que atentos e que silenciosos estivemos, cos nosos amigos de 4º, nestes momentos de lectura.


O venres aproveitando a celebración do DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS, empezamos no centro, un ano máis, o plan de lectura silenciosa que consiste en ler durante 20 minutos o que nos apeteza, pero debemos facelo en silencio. Unha música da a sinal para comezar e tamén marca o remate.

Os peques ao principio cústalles un pouco o de estar en silencio pero, pouco a pouco, acábano facendo moi ben.

Este ano aproveitando a axuda das familias que nos pasaron palés e coxíns creamos un espazo moi especial na aula para ler e contar contos e onte tamén o inaguramos. Cando chegaron os Apolos estaban encantados e exploraron todos os recunchos. Despois usamos por primeira vez o espazo na lectura silenciosa, e así nos foi.


Esta semana xa comezaron as sesións de lectura silenciosa do noso cole e os sapiens, como bos veteranos, fixérono xenial!!!

Pasaron uns meses de vacacións e as primeiras semanas de adaptación e, entrado xa o mes de outubro, a vida da escola xa está a pleno rendemento. Unha das actividades que máis lles gustan aos sapiens é…. “a lectura silenciosa”, e a pesar de tantos meses desconectados volveron a facela moi ben. Todos e todas caladiñ@s, observando con atención cada detalle do seu libro e compartindo aquelas lecturas interesantes cos seus mellores amigos. Queredes ver que ben fan esta actividade e que ben saben seguir as normas? Pois atentos, atentos que este vídeo vai comezar….



A %d blogueros les gusta esto: