Archivo de la categoría: PREHISTORIA

Os sapiens non queren deixar de investigar a prehistoria, polo que siguen argallando miles de cousas. Nesta ocasión quixeron facer un novo recuncho na aula, a cova prehistórica dos sapiens. Actuando como verdadeiros homes e mulleres da prehistoria pintaron nas paredes da cova os rastros das súas mans e tamén esceas de caza como verdadeiras pinturas rupestres. Para facelas empregaron as súas mans, pintaron cos dedos e cores moi semellantes aos pigmentos que empregaban nese momento.

Así foi como decoramos a cova e así foron os fermosos resultados dun traballo tan primitivo…

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free slideshow

Os Cocoricos levan semanas pintando dinosaurios. Cando rematamos unha ficha ou unha actividade enseguida queren pintar dinos. Fannos de moitos xeitos diferentes e agora a clase está toda chea deles. Aquí vos deixo unha mostra dos moitos que temos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow personalized with Smilebox

Os Cocoricos están encantados traballando cos dinosaurios. Dun tempo a esta parte sempre repiten na clase que queren facer dinosaurios diferentes recortando, pegando, pintando… Así que, nesta ocasión trouxenos un dinosaurio por pezas para armalo e decoralo ao gusto. Traballaron moitísimo: dúas sesións de picado, armado, decoración…
Pero quedaron preciosos!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow personalized with Smilebox

O tema da prehistoria está dando uns grandes resultados na clase dos sapiens. Estes grandes aventureiros están tan contentos que non paran de facer preguntas para saber moitas cousas dos homes prehistóricos, de como vivían, o que comían, onde vivían, que inventaron, o que elaboraban coas pedras e os ósos,…

Xa descubrimos como bebían e como descubriron o nacemento dos recipientes de barro. Tamén aprendemos a pescar como verdadeiros homes de cromagnon. Hoxe quixemos ir máis alá, quixemos ser e actuar como verdadeiros arqueólogos. E quen son os arqueólogos???

Son aquelas persoas que estudian a prehistoria a través dos fósiles atopados en diferentes enterramentos. Buscan pedras, ósos, cerámica,… Todo aquilo que poda darnos algunha información desta etapa da historia.

Así foi como os sapiens colleron os pinceis e saíron na procura dos restos prehistóricos no seu patio de xogos…

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free slideshow

Os Sapiens, como bos trogloditas, están comprobando como era a vida na prehistoria e como, pouco a pouco, os seus homes e mulleres comezaron a fabricar ferramentas, utensilios, armas,… Nesta ocasión, despois de moito pensar e pensar na aula de como era a súa forma de vida, tivemos que comprobalo por nós mesmos.

Primeiro quixemos comprobar como bebían coas mans e iso levounos a razoar o por qué tiveron que fabricar utensilios e recipientes de cociña, descubrimos que beber deste xeito era moi difícil e se queríamos levar a auga dende un río ata a cova ou ata o poboado era moi, moi complicado. Cando chegaban as covas as mans estaban baleiras porque perderan a auga polo camiño. Logo tentamos pescar como verdadeiros trogloditas cunhas lanzas moi artesanais.

Así foron as nosas primeiras experiencias como trogloditas…..


A profe Mirentxu, a que seguimos no seu blog: www.laclasedemiren.blogspot.com tamén está a traballar a prehistoria e preparou esta actividade LIM que nos ven moi ben para repasar e aprender máis cousas dos trogloditas. Espero que vos guste. Clicade e a xogar.

 Dibujo


Estes días recibimos un e-mail moi relacionado co tema da prehistoria, os dinosaurios. Era un e-mail para Íker cheo de fotografías moi especiais e espectaculares. Queredes ver que ben falou e explicou Íker os seus recordos aos sapiens? Pois atentos que o vídeo xa comeza…



A %d blogueros les gusta esto: