Archivo de la categoría: PRIMAVERA

Dentro das actividades do conto da eiruga tamén fixemos un cadro primaveral empregando diferentes técnicas e recursos plásticos. Estampamos con corchos facendo una eiruga e facendo series de cores. Fixemos grafomotricidade facendo a herbiña do chan, estampamos con esponxas as nubes e o sol, pegamos flores e bolboretas troqueladas quedando unha composición preciosa, que utilizaremos como portada dos nosos traballiños do 2º trimestre. Mirade canto traballamos e que ben o pasamos!!!


Como está chegando a primavera os choquetes decidimos traballar o conto “Unha eiruga moi larpeira”, xa que está moi relacionado tamén co tema da alimentación e da vida sá. Deseñamos varias actividades para levar a cabo neste tempo primaveral, nesta ocasión fixemos unhas simpáticas eirugas con materiais de refugallo, cartóns dos ovos. Tivemos que pintar os cartóns facendo series (verde oscuro e verde claro), logo pegámoslle os corniños, os ollos e o nariz. Como remate final colocámoslle pompóns de cores para animalas un pouco. Mirade que bonitiñas quedaron!!!


Fai unhas semanas foi o turno da mamá de Alba. Veu visitarnos ao cole para ensinarnos a súa arte e resulta que sabe facer cespíns. Non sabedes o que son?
Atentos que aquí vos explicamos todo paso a paso.

NORABOA A MARCIA QUE O FIXO MOI, MOI BEN.ENCANTOUNOS TERTE NA AULA


Coa chegada da primavera, os sapiens quixeron facer arte moi primaveral empregando diversos materiais de refugallo, como por exemplo: palliñas de refresco, algodóns de maquillaxe, vasos de usar e tirar. Tamén empregamos limpiapipas, boliñas de pedras preciosas e papeis decorados. Tivemos que ir pasiño a paso porque era un cadro un pouco laborioso pero quedaron moi fermosos. Mirade como foi todo o proceso de creación!


Lía e a súa familia fixéronnos un precioso estanque, moi primaveral, cheo de flores e bolboretas e cunha familia de parruliños moi…. “cuki”, jajajaja. Escoitade da man de Lía como foi todo o proceso de creación. Parabéns artistas!!!


Aproveitando que a nosa vila ten tradición de celebrar a festa dos maios, dende o curso pasado no noso centro tamén facemos un maio e cantamos coplas para pasar esta tradición aos nosos peques e que non se perda.

Os Apolos trouxeron pampullos e ovos e preparamos na aula as cadenetas que logo puxemos no maio. Tamén aprendemos as coplas. A verdade é que durante a preparación pasámolo moi ben e todos sabían as coplas xenial pero o día da actuaciòn ningún Apolo quería ser solista porque querían tocar os paus. Estabamos nerviosos e non cantamos no micro pero aínda así estivo xenial. AQUÍ VOS DEIXO UN RESUMO!!!


A semana pasada todo o CEIP Santo Paio de Abaixo estivo moi liado preparando o seu 2º maio. Pedíronnos ovos valeiros, pampullos e margaridas. Os peques de Reboreda foron os encargados de facer os adornos do maio con longas cadenetas de ovos e flores. Así traballamos estes días coa agulla, o fío e os elementos naturais da contorna. Tamén tivemos que aprender unas sinxelas copliñas para cantar ao noso maio, nunha celebración, que pasiño a paso, vai collendo forzas na nosa escola.

Mirade que bonito resultou todo!!!



A %d blogueros les gusta esto: