Archivo de la categoría: Proxecto arte

A semana pasada inagurouse o “PEQUEMUSEO”, cunha festa moi especial. Foi una xornada de portas abertas e algunas familias achegáronse para compartir cos sapiens e cos apolos un ratiño especial. Tivemos uns guías moi ben informados e respostamos con moitisimo interese e entrega ás preguntas das familias. E para rematar a visita os peques ofreceron ás familias as galletiñas q fixeran o día anterior no obradoiro de cociña. Atentos, atentos que a visita vai comezar!!!


UN DRAGÓN XIGANTE

www.kizoa.com_p6120416

Comezamos este trimestre seguindo unha proposta de David, facer un dragón enorme. Aproveitamos para aprender cousas dos dragóns, investigar un pouco e, despois da colaboración das familias aportando hueveras, por fin, démoslle forma.


O luns estivemos moi atarefados facendo galletas de manteiga. Xuntámonos cos Sapiens e preparamos a masa:
– 250 gramos de manteiga
– 150 de azúcre
– 350 de fariña.
– Para darlle máis sabor unha culler de vainilla
Despois de amasar deixamos a masa reposar media hora na neveira e logo fixemos as nosas galletas. Os Apolos e Sapiens fixeron formas e decoraron pero o calor era tal que as formas non chegaron nin ao forno e todas as galletas quedaron estiradas, iso si, moi, moi ricas!!
Sapiens e Apolos comemos a primeira fornada e o resto… Xa volo contaremos!!!


OLYMPUS DIGITAL CAMERA  O portfolio fixo a última visita. Nesta ocasión foi a casa de Anxo e alí,  xunto coa súa familia, fixo un móvil para portas con material de refugallo. Quedoulle moi orixinal e así foi coma o presentou na aula.

NORABOA A ANXO E FAMILIA, QUEDOU MOI LUCIDO!!!

 


Rodrigo e Ana, visitaron aos Sapiens para falarnos da súa de arte familiar e para contarnos cousas do mundo das abellas, pasámolo moi ben con eles e aprendemos moitas cousas. Graciñas familia por amosarnos cousas tan interesantes!!! Gustóunos moito pasar este ratiño con vós!


Un ano máis tivemos a sorte de pasar un ratiño con dous grandes artistas, Ana Area e Xose Anxo Xesteira. E como este ano estivemos a traballar a arte e os artistas, que mellor fin de festa da man dos nosos amigos. Explicáronnos a vida dos artistas e poidemos deleitarnos coas súas cancións. Pasámolo xenial cantando e acompañándoos coas palmas en cada una das súas cancións!


Este ano tivemos a sorte de recibir a Ana Area, non soamente para cantar, como é una gran artista tamén quixo contarnos a fermosa historia do grúfalo. Estivemos super-atentos para non perder ningún detalle da historia. Graciñas Ana!!!



A %d blogueros les gusta esto: