Archivo de la categoría: PROXECTO DO CORPO

Esta é a saída que máis nos gusta a cativos e mestres porque despois de todo o ano traballando e aprendendo tamén temos dereito a un pouco de xogo. Nun proxecto coma o deste ano onde o corpo foi tan importante ir a un parque a desenvolver todas as nosas potencialidades motrices é xenial. Aquí vos deixo algúns retazos do noso día en Indiana Bill.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow personalized with Smilebox
Anuncios

A semana pasada a nosa protagonista foi Clara. Foi un pouco improvisado porque tocáballe a Gabriel pero coma estaba maliño Clara ofreceuse voluntaria para contar ela as súas fotos e fíxoo realmente xenial. Estaba un pouco nerviosa e saltando dun lado para outro, aínda así, contounos unha chea de cousas. Mirade, mirade.

 

Despois, coma xa é costume, pesámola, medímola, fixémoslle a súa silueta… Pasámolo xenial. Noraboa a Clara que o fixo estupendamente.


O protagonista desta semana foi Diego e fíxoo moi ben. Contounos unha chea de cousas: os seus paseos pola Insuíña, de cociñeiro con mamá, presentounos a súa familia, as súas aventuras e desventuras no parque de Cesantes… Unha chea de cousas… Mirade, mirade!!!

Despois, coma sempre, aproveitamos para facer a súa silueta, medímolo, pesalo, facer as pegadas de pés e mans…
Noraboa a Diego que o fixo moi ben.


Conchi, a mamá de Martiño, estivo esta semana na clase dos sapiens para explicarlles e revelarlles todos os segredos do sangue. Ela dicía que estaba algo nerviosa pero nada diso, fíxoo xenial!!!

Explicounos que no sangue temos: glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas, auga, osíxeno,……. e debemos coidalo moi ben para que non entren os virus e bacterias senón… estaremos maliños. Fixemos unha análise de orina e comprobamos como ían cambiando as cores nuns papeliños que trouxo. Tamén aproveitamos para buscar o pulso e así notar os latidos do corazón na nosa man. Nunha fermosa presentación ensinounos como era o laboratorio onde traballaba. Había un milleiro de aparatos moi raros, como microscopios, unhas lavadoras que ían moi, moi… rápido pero que non lavaban roupa soamente analizaban o sangue. Había uns aparellos que tinxían o sangue e así ver mellor todos os seus elementos polo microscopio. Unha das cousas que nos chamou moito a atención era que todo estaba moi, moi limpo e que había moitos produtos de limpeza pero Conchi xa nos explicou moi ben o porqué.

Queredes ver a Conchi a aos sapiens nesta actividade tan enriquecedora. Pois atentos, atentos…… que ahí vos deixamos dous vídeos porque foi imposible resumilo máis.


Os Cocoricos están encantados traballando cos dinosaurios. Dun tempo a esta parte sempre repiten na clase que queren facer dinosaurios diferentes recortando, pegando, pintando… Así que, nesta ocasión trouxenos un dinosaurio por pezas para armalo e decoralo ao gusto. Traballaron moitísimo: dúas sesións de picado, armado, decoración…
Pero quedaron preciosos!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow personalized with Smilebox

A semana pasada o noso protagonista foi Martín. Estaba super nervioso, levaba semanas facendo a conta atrás de cando chegaba o seu momento da presentación.
O día chegou e Martín comezou a contarnos unha chea de cousas a toda velocidade, tivemos que volver un par de veces atrás para procesar toda a información que nos daba. Aínda así fíxoo xenial e descubrimos que lle encantan, entre outras cousas, os animais e disfrazarse.

Despois da súa presentación tocou o momento de facer a súa silueta, facer a pegada de mans e pés, debuxalo, poñer unha cualidade del e, por suposto, facerlle entrega do seu libro. Moi ben Martín, fixéchelo xenial.


A semana pasada a nosa protagonista foi Uxía. Aínda que estaba moi nerviosa fíxoo moi ben e contounos unha chea de cousas. Ata descubrimos que era unha axudante de PAPANOEL porque este está moi maior e precisa axuda para poder facer o traballo nunha soa noite.

Despois medimos, pesamos e fixemos a silueta de Uxía. O resto dos seus compañeiros debuxárona e escribiron algo positivo dela. Moi ben Uxía, estiveches xenial!!



A %d blogueros les gusta esto: