Archivo de la categoría: PROXECTO SUPERHEROES-SUPERPODERES

Este trimestre estamos traballando os superheroes cercanos e nesta ocasión tivemos na aula a un superheroe moi, moi cercano: o profe Guillermo. Resulta que o profe ten o superpoder de atopar fósiles cando anda de paseo polos montes na Rioxa e, fósil a fósil, foi estudando, investigando e aprendendo unha chea de cousas deles. Así que a semana pasada tivemos a sorte de telo na nosa aula compartindo os seus saberes con nós.


A nosa aventura robótica comezou con escornabot, lembrades?

Tiñamos unha chea de pezas para montar seguindo unhas instruccións e cando o conseguimos so faltaba encher a cabeza de escornabot para que funcionase. Xa vos dixen que non teño nin idea de robótica, Apolos máis eu imos aprendendo ao mesmo tempo así que poñer a andar a escornabot costoume máis do que esperaba pero, quen a segue a consegue e, por fin, anda.
Ides ver no vídeo a todos os Apolos codificando e isto é posible grazas ao traballo previo feito con code.
O robot é moi simple, móvese adiante, atrás a un lado e a outro e simplemente, con eses movementos, traballamos unha chea de cousas: distribución espacial, lóxica, numeración e conteo, lateralidade…


Lembrades o concurso “Coñecendo a orixe” da biblioteca?
Os xoves os equipos que levaron as maiores puntuacións no concurso fan un taller na biblio onde comparten as súas respostas con 20 rapaces que poden ir a sesión. A semana pasada tocáballes aos finalistas pero non estaban preparados así que a profe Marina díxonos se podían ir os Apolos.

Non tiñamos nada preparado así que pregunteilles na clase e dixeronse que sí ao momento. Lembrábase de todo o proceso pero, antes de ir a biblio, volvemos ver o vídeo da experiencia na aula.
E así, sen apenas preparación, mirade coma o fixeron.
DÉIXANME SEN PALABRAS. SON FANTÁSTICOS!


Xa sabedes que os Apolos estamos entusiasmados coa robótica. Fai unhas semanas fun a un curso de robótica e ensináronnos a facer un robot pintor cun vaso, tres rotuladores, un motor e unha pila.

Resulta que temos unha chea de motores ao noso redor, sobre todo dos xoguetes vellos, e con eses motores pódense facer unha chea de cousas.
Trouxen o robot pintor a clase e encantoulles así que eles tamén quixeron construír un. Despois de buscar na rede atopamos un cun cepillo de dentes que parecía sinxelo así que puxémonos mans a obra.


O espazo exterior está cheo de misterios, temos as estrelas, os planetas, os meteoritos, os asteroides e tamén as nebulosas. A profe Claudia contounos cousas delas, vimos un vídeo e logo creamos as nosas propias nebulosas na aula.


Seguimos a nosa viaxe polo mundo exterior, nesta ocasión facendo por equipos unha maqueta do sistema solar. Para poder facela a profe Claudia ensinounos diversos modelos para inspirarnos e, a partir de aí, cada equipo fixo a súa escolla e comezaron a traballar.


Os Apolos falan moitas veces dos planetas, das estrelas, de viaxar en cohete… Ademais, facía unhas semanas, falando de superheroínas cercanas descubrimos que había unha nena de 13 anos que estaba no programa espacial da NASA porque quería ir a MARTE no 2030.

Por todo isto, a semana pasada a profe Claudia veu cargada de cousas relacionadas co espazo. Pasamos unha semana aprendendo moitísimas cousas: repasamos o nome dos planetas, usamos o programa STELLARIUM para ver as estrelas que se poden ver dende o ceo de Redondela, aprendemos que eran as constelacións…

Aquí tedes algunhas das actividades que levamos a cabo. Nos vindeiros días amosareivos máis.

 



A %d blogueros les gusta esto: