Archivo de la categoría: o restaurante

Gustaríame facer un artigo breve e conciso pero necesito expresar o que sinto neste instante así que perdoade se me explaiO demais, é AMOR DE MESTRA!

Todo proxecto ten o seu fin, normalmente, un final que serve de conclusión de todo o proxecto, que compila todo o feito e que, as máis das veces, serve de avaliación. E así foi no noso caso. Despois de pasar un trimestre traballando arredor do restaurante, facer probas, elaborar menús, recibir a expertos, cociñar, preparar un recuncho na aula… chegou o gran día, o día da inaguración.

Coma xa vistes na entrada anterior os días previos tivemos moito traballo e o propio día tamén.
Puxemos hora de apertura ás 10 para preparar os pratos antes, poñer as mesas, repasar o que tiñamos que facer, repartir os postos de traballo, numerar as mesas… E as 10 a nosa maitre abriu as portas aos primeiros comensais. Unha vez máis a resposta das familias foi fantástica e todas acudiron a nosa invitación ben a traves dos propios pais ou dos avós ou titores. Os convidados chegaron de xeito escalonado e os nosos camareiros tomaron boa nota das comandas, a cociña traballou en equipo para que todo fose rápido e ben e os comensais disfrutan dun bo almorzo.
Esta inaguración foi o punto final aos almorzos que fixemos ao longo do ano, así o noso menú tiña lácteos, cereais, proteínas e froita e fixemos cookies que xa fixeramos nun dos almorzos. Ademais, compilamos algunhas das receitas que nos ensinaron os mestres e alumnos da escola de hostelería: macedonia e empanada, fixemos receitas novas coma as napolitanas, aplicamos as ideas que nos deu a tía de Carla e Ainoa, decoramos a aula para convertila nun restaurante e traballamos en equipo, buscamos as cualidades de cada un para que todo fose ben e cada Apolo fixo o que tocaba dun xeito impecable e fantástico.

Verdadeiramente foi espectacular ver aos Apolos desenvolverse tan, tan, tan ben. O clima da aula era fantástico, parecía un restaurante de verdade. Algúns dos convidados pensaban que era un xogo de nenos e quedaron sorprendidos ao ver a seriedade de todo o proceso, o elaborado que estaba todo e o concentrados  que estaban cando os atendían.

 Ver o autónomos que son, coma asumen responsabilidades, o motivados que estaban, o eficientes que foron, o ben que fluiu todo… en fin, un día memorable, para non esquecer nunca.

NON PODO ESTAR MÁIS ORGULLOSA, SEI QUE VOLO DIXEN OUTRAS VECES, PERO É QUE NON PARAN DE SORPRENDERME.

É MOI FÁCIL, EXCITANTE E EMOCIONANTE EDUCAR AOS APOLOS, SON FANTÁSTICOS!!!

Estes momentos son os que lle dan sentido ao traballo por proxectos, o que demostra que as ideas tolas dos nen@s son viables, que querer é poder e que non hai mellor xeito de aprender que APRENDER FACENDO. E dígovolo con convencemento porque os días previos un pensa, “quen me mandará a min”, “estou máis tola ca eles”, pero chega o día e todo sae mellor do previsto e un sabe que volverá a facelo todas as veces que faga falla.

UNHA VEZ MÁIS, E NON POR REPETIDA MENOS CERTA, GRAZAS AS FAMILIAS DOS APOLOS PORQUE DURANTE TODO ANO RESPONDERON AS NOSAS PETICIÓNS, COLABORAN EN TODO E SEMPRE RESPONDEN  AS NOSAS DEMANDAS. EDUCAR EN COMÚN E EN BOA SINTOMÍA DALLE SENTIDO A TODO,  GRAZAS!!!


Os Apolos están traballando con moito timo para poder abrir o restaurante mañán. De momento xa ultimaron detalles moi importantes coma o menú, mandaron as invitacións as familias, escolleron o vestiario, a composición das mesas… En fin, un non parar.
Estamos emocionados, nerviosos e desexando que chegue o día.
A VER QUE TAL SAE!!!


E despois de preparar o menú, de recibir clases para ser mellor camareiros e ter todo listo, chegou á hora de degustar o noso menú. Fixemos tres equipos de camareiros, un por cada prato (primeiro, segundo e postre) que foron servindo con axuda de Cristian, mentres Luisa preparaba toda a comida nos pratos. Despois de cociñar  estaban todos desexando probar os pratos. Todos comeron e deixaron os nosos convidados impresionados. A comida estaba deliciosa e había un clima fantástico.
Aquí vos deixamos o último vídeo da visita. Foi estupenda, de verdade que non teño palabras.

GRAZAS A TODOS POR VIR E A LORENA, A ADMINISTRATIVA DA ESCOLA, POR FACELO POSIBLE.


Xa vos dixemos no artigo do outro día que a visita dos alumnos e profes da Escola de Hostelería de Vigo daba para un par de vídeos máis. Aquí vai o segundo onde podedes ver coma preparan as sobremesas e os nosos camareiros reciben unha clase maxistral. Zaira estivo xenial, querían fichala para a escola polas súas cualidades, pero, ademais, Daniela descubriu que levar a bandexa ou dous pratos a vez precisa de moita maña, Mauro e David aprenderon a poñer a mesa e todos o fixeron xenial. Temos os camareiros do noso restaurante preparadísimos. Cristian, o camareiro foi un mestre excepcional e moi paciente.

Mentres tanto, o resto dos Apolos, seguín na cociña e os pratos empezaban co chup, chup, chup!!!

 


Lembrades o mail que mandaron os Apolos pedindo axuda para montar o restaurante?
Pois recibimos resposta. Unha resposta inesperada, fantástica e que nos fai sentirnos uns auténticos privilexiados.
Chamounos ao cole Lorena a administrativa da Escola de Hostelería de Vigo. Miraron o noso mail e encantoulleS o proxecto así que me dixo que nos axudarían en todo o que quixeranos, incluso podían vir ao cole, así que non puidemos rexeitar o ofrecemento e convidámolos a vir.
Coma xa resolveramos moitas dúbidas coa tía de Carla e Ainoa e estamos confeccionando o menú pedímoslles se nos podían axudar a elaborar un menú para ofrecer as familias.
Todo foron facilidades e iso que xa están rematando o curso, que para mover ao alumnado teñen que pedir un permiso a inspección de traballo e que as nosas instalacións están moi lonxe dunha cociña profesional.
Mandáronnos un mail cun posible menú para que lles desemos o visto bo e pareceunos fantástico así que despois de facer a compra preparamos todo para recibilos no cole.
Viñeron a directora da escola, a profe de cociña e dous alumnos, unha de cociña e un camareiro. Ademais, viñeron cargados coa mantelería para montar as mesas e todos os utensilios de cociña así coma os traxes.
Por se iso non fose suficiente agasallaron a cada neno cun mandilón chulísimo.
Fixeron 3 equipos, un para cada prato e cun agarimo incrible, moitísima delicadeza e dándolle todo o protagonismos aos Apolos puxéronse a cociñar.
Aínda que toda a comida fixérona a un tempo dividín o vídeo en elaboracións para que teñades unha visión de conxunto, pero, verdadeiramente era digno de estar alí véndoos super volvados e disfrutando ao 100%. Mirade se estaban entusiasmados que nin saimos ao recreo nin nada!!

Vou facer un par de entradas máis resumindo o día para que poidades ver todo por entregas e non cansarvos.
SEMPRE VOLO DIGO PERO VALE A PENA MOITÍSIMO!!
OS PROFESIONAIS ESTIVERON DE 10 E OS NOSOS APOLOS DE MATRÍCULA DE HONRA!!!


Xa vistes o ben que o fixo o primeiro equipo. Ao día seguinte foron eles os que foron comer ao restaurante e o equipo II o que cociñou.

Vedes que cada equipo come o menú que deseñou o outro equipo, de xeito que os comensais teñen que adaptarse ao menú do día. Pensei que teriamos algunha reclamación dalgún dos nen@s dicindo que isto ou o outro non lles gustaba pero, salvo un comentario polas noces, todos comeron moi ben, de forma que, non so aprenden a cociñar, a ser máis autónomos e desenvolverse, senón que tamén aprenden a probar e comer de todo.

DEU TRABALLO PERO OS RESULTADOS SON TAN INCRIBLES QUE ESTOU DESENXANDO QUE SIGAMOS TRABALLANDO NO NOSO RESTAURANTE


E despois do traballo previo chegou, por fin, o día de elaborar o menú.
Confeso que pola mañá cando me erguín e empecei a coller a panificadora, os ingredientes e outras cousas non tiña moi claro coma ía saír a cousa, de feito, tiven un momento deses terribles de debilidade onde pensas “quen me mandará a min meterme nestas?” Pero logo, cando chegou á hora, os Apolos deixáronme coa boca aberta.
Os vídeos son longos pero non vos quero contar coma foi porque “unha imaxe vale máis que mil palabras”. De seguro que os ides disfrutar tanto coma min porque da xenio velos desenvolverse.

SON FANTÁSTICOS E É UN VERDADEIRO PRACER PODER COMPARTIR CON ELES ESTES MOMENTOS.


E chegou o momento do servizo e así o fixeron:



A %d blogueros les gusta esto: