Archivo de la categoría: PSICOMOTRICIDADE

Neste terceiro trimestre para conseguir una vida sá, os choquetes van practicar moito deporte. Nesta ocasión estiveron preparando con moita ilusión diferentes elementos para poder dar forma á nosa pekeolimpiada. Mirade con que alegría preparan todo!


Levaban días esperando a gran saída do curso, o parque de bólas de Indiana Bill (en Ramallosa). Estaban tan ilusionados que nin lles importou a choiva dese día. A viaxe no autobús foi moi emocionante porque era una aventura bastante longa e na que tivemos que pasar por varios tuneis durante o recorrido, e iso molaba moitísimo. Ao chegar tivemos que escoitar as explicacións e recomendacións do encargado do parque para poder xogar sen ter ningún tivo de problema. E cando estivemos listos…….. A XOGAR!!!

Foi case misión imposible facerlles fotos aos meus sapiens porque non paraban quietos nin un segundo e como o parque era tan grande movíanse dun lado para outro sen parar. Pero a pesar de todo ahí vos deixamos este tenro e divertido vídeo.


EN PSICOMOTRICIDADE XOGAMOS, VIAXAMOS A TRAVÉS DA NOSA IMAXINACIÓN E CONVERTÉMONOS EN PERSOAXES QUE PASAN POR MOITAS AVENTURAS! AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO QUE NOS DIVERTIMOS SENDO ESTATUAS!


COMO VEREDES NESTE PEQUENO VIDEO OS SÍNEFOS ESTÁN EN PLENA FORMA: ATENTOS ÁS ORDES, COORDINACIÓN DE MOVEMENTOS, UNHA EXECUCIÓN PERFETA,COLABORACIÓN E UN MILLEIRO DE SORRISOS. MIRADE QUE BEN O PASAMOS.


BOAS, DENDE HAI UN TEMPO ESTAMOS A TRABALLAR O ESQUEMA CORPORAL E COMO MÁIS NOS GUSTA E BAILANDO POLO QUE HOXE ENSINÁMOSVOS UNHA DAS NOSAS CANCIÓNS PREFERIDAS, QUE XA SABEDES QUE ESTA NA BARRA DEREITA DO NOSO BLOG. SAÚDOS.


Ao longo do curso, os exploradores, estiveron aprendendo moitas cancións, algunhas delas xa volas ensinamos a través de divertidos vídeos para que as poiderades bailar con nós, agora deixámosvos a presentación dunha delas coa letra da canción que se chama “Chimpún” para que  a poidades cantar xunto cos vosos peques antes de ir durmir.

Trata das partes do corpo e das diferentes accións que podemos facer con elas. Tocaremos a cabeza, os pés, a cintura, saltaremos para adiante e para atrás, coa pata coxa, sentaremos no chan e ata nós estarricaremos.

Pouco a pouco iremos deixando todas as letras das cancións para que na casa tamén as poidades cantar cada vez que os peques queiran cantar con vós.

Se queredes escoitar a melodía só tedes que buscar no blog, na categoría de cancións, e alí atoparedes os vídeos destes pequenos cantores.


A última saída do curso é a máis esperada de todo o ano, xa que xogar en Indiana Bill non ten comparación.

Os pequenos exploradores non tiñan nin idea do que alí se ían atopar, ao principio xa quedaron asombrados coa cabeza do dinosaurio e logo cando chegamos ás piscinas de bólas entraron nas máis sinxelas con colchonetas, balancíns e pequenos tobogáns, nin se deran conta de que había moitos máis lugares onde xogar, trepar, balancearse, facer equilibrios,… pero unha vez que os descubriron xa non querían saír nin para merendar. Xogaron tanto, tanto, taaaanto, que algúns deles sudaban moitísimo e  semellaban que acababan de saír da ducha.

Se aos exploradores queredes ver gozar, neste vídeo teredes que pinchar………

OS VINCIS TAMÉN O PASARON XENIAL

E os Chamáns gozaron sen parar



A %d blogueros les gusta esto: