Archivo de la categoría: RECEITAS

Durante a semana das froitas, nas merendas fomos degustando diferentes froitas: mazá, plátano, amorodos, melón e mandarina. O venres, como día final desta semana tan saudable fixemos una macedonia coas froitas que nos sobraron estes días. Así que os choquetes, lavaron as mans, remangáronse e puxéronse máns ás froitas. Mirade que coordinados traballaron e que ben o fixeron. Son un gran equipo!!!


Gustaríame facer un artigo breve e conciso pero necesito expresar o que sinto neste instante así que perdoade se me explaiO demais, é AMOR DE MESTRA!

Todo proxecto ten o seu fin, normalmente, un final que serve de conclusión de todo o proxecto, que compila todo o feito e que, as máis das veces, serve de avaliación. E así foi no noso caso. Despois de pasar un trimestre traballando arredor do restaurante, facer probas, elaborar menús, recibir a expertos, cociñar, preparar un recuncho na aula… chegou o gran día, o día da inaguración.

Coma xa vistes na entrada anterior os días previos tivemos moito traballo e o propio día tamén.
Puxemos hora de apertura ás 10 para preparar os pratos antes, poñer as mesas, repasar o que tiñamos que facer, repartir os postos de traballo, numerar as mesas… E as 10 a nosa maitre abriu as portas aos primeiros comensais. Unha vez máis a resposta das familias foi fantástica e todas acudiron a nosa invitación ben a traves dos propios pais ou dos avós ou titores. Os convidados chegaron de xeito escalonado e os nosos camareiros tomaron boa nota das comandas, a cociña traballou en equipo para que todo fose rápido e ben e os comensais disfrutan dun bo almorzo.
Esta inaguración foi o punto final aos almorzos que fixemos ao longo do ano, así o noso menú tiña lácteos, cereais, proteínas e froita e fixemos cookies que xa fixeramos nun dos almorzos. Ademais, compilamos algunhas das receitas que nos ensinaron os mestres e alumnos da escola de hostelería: macedonia e empanada, fixemos receitas novas coma as napolitanas, aplicamos as ideas que nos deu a tía de Carla e Ainoa, decoramos a aula para convertila nun restaurante e traballamos en equipo, buscamos as cualidades de cada un para que todo fose ben e cada Apolo fixo o que tocaba dun xeito impecable e fantástico.

Verdadeiramente foi espectacular ver aos Apolos desenvolverse tan, tan, tan ben. O clima da aula era fantástico, parecía un restaurante de verdade. Algúns dos convidados pensaban que era un xogo de nenos e quedaron sorprendidos ao ver a seriedade de todo o proceso, o elaborado que estaba todo e o concentrados  que estaban cando os atendían.

 Ver o autónomos que son, coma asumen responsabilidades, o motivados que estaban, o eficientes que foron, o ben que fluiu todo… en fin, un día memorable, para non esquecer nunca.

NON PODO ESTAR MÁIS ORGULLOSA, SEI QUE VOLO DIXEN OUTRAS VECES, PERO É QUE NON PARAN DE SORPRENDERME.

É MOI FÁCIL, EXCITANTE E EMOCIONANTE EDUCAR AOS APOLOS, SON FANTÁSTICOS!!!

Estes momentos son os que lle dan sentido ao traballo por proxectos, o que demostra que as ideas tolas dos nen@s son viables, que querer é poder e que non hai mellor xeito de aprender que APRENDER FACENDO. E dígovolo con convencemento porque os días previos un pensa, “quen me mandará a min”, “estou máis tola ca eles”, pero chega o día e todo sae mellor do previsto e un sabe que volverá a facelo todas as veces que faga falla.

UNHA VEZ MÁIS, E NON POR REPETIDA MENOS CERTA, GRAZAS AS FAMILIAS DOS APOLOS PORQUE DURANTE TODO ANO RESPONDERON AS NOSAS PETICIÓNS, COLABORAN EN TODO E SEMPRE RESPONDEN  AS NOSAS DEMANDAS. EDUCAR EN COMÚN E EN BOA SINTOMÍA DALLE SENTIDO A TODO,  GRAZAS!!!


E chegou a última das visitas a aula dos Apolos, nesta ocasión Zaira veu acompañada do seu pai para facernos unha divertida e deliciosa receita. Trouxéronnos unhas caras sorrintes para encher a nosa barriga e poñernos ben contentos.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ZAIRA E AO SEU PAI. FOI ESTUPENDO TERVOS AQUÍ


Unha semana máis volvemos ter visita na aula. Nesta ocasión foi David quen levou a maleta das receitas e trouxo a aula a súa nai e tamén a súa irmán Alba. Fixemos todos xuntos bombas de chocolate con galletas oreo e queixo de untar. Estaban deliciosas.

Comemos o día que as fixemos e ao día seguinte e tamén compartimos coa clase de Alba, despois de tela de cociñeira era o menos que podiamos facer.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ANGELES E A ALBA POR COMPARTIR UN ANACO DO SEU TEMPO CONNOSCO E POR UNHA RECEITA TAN FANTÁSTICA!!!


O receitario viaxeiro dos choquetes, fixo a súa última saída este curso. Nesta ocasión visitóu a casa de Íker e tróuxonos trufas de chocolate. Montse, a mami de Íker, achegouse á clase dos choquetes para facernos esta sinxela receita. Todos axudamos un pouquiño e ao final degustamos as fresquiñas trufas de magdalenas, queixo de untar, chocolate e virutiñas de cores. Mmmmmmm estaban deliciosas!!!


O receitario viaxeiro dos choquetes, esta vez visitou a casa de Anas e trouxeron unha receita moi doce, “galletas para a reconciliación”. Unha receita para sentirse mellor moi doce que nos trouxeron dende marrocos. Todos os choquetes axudaron a dar forma as galletas, puxémoslas no forno e logo tocaba unilas de dúas en dúas con marmelada de amorodos para darlle un sabor máis especial.

Graciñas Khadija!!! Pasámolo xenial!!! E despois comemos ata fartar!


Xa vos dixemos no artigo do outro día que a visita dos alumnos e profes da Escola de Hostelería de Vigo daba para un par de vídeos máis. Aquí vai o segundo onde podedes ver coma preparan as sobremesas e os nosos camareiros reciben unha clase maxistral. Zaira estivo xenial, querían fichala para a escola polas súas cualidades, pero, ademais, Daniela descubriu que levar a bandexa ou dous pratos a vez precisa de moita maña, Mauro e David aprenderon a poñer a mesa e todos o fixeron xenial. Temos os camareiros do noso restaurante preparadísimos. Cristian, o camareiro foi un mestre excepcional e moi paciente.

Mentres tanto, o resto dos Apolos, seguín na cociña e os pratos empezaban co chup, chup, chup!!!

 



A %d blogueros les gusta esto: