Archivo de la categoría: RECETARIO FAMILIAS

E chegou a última das visitas a aula dos Apolos, nesta ocasión Zaira veu acompañada do seu pai para facernos unha divertida e deliciosa receita. Trouxéronnos unhas caras sorrintes para encher a nosa barriga e poñernos ben contentos.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ZAIRA E AO SEU PAI. FOI ESTUPENDO TERVOS AQUÍ


Unha semana máis volvemos ter visita na aula. Nesta ocasión foi David quen levou a maleta das receitas e trouxo a aula a súa nai e tamén a súa irmán Alba. Fixemos todos xuntos bombas de chocolate con galletas oreo e queixo de untar. Estaban deliciosas.

Comemos o día que as fixemos e ao día seguinte e tamén compartimos coa clase de Alba, despois de tela de cociñeira era o menos que podiamos facer.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ANGELES E A ALBA POR COMPARTIR UN ANACO DO SEU TEMPO CONNOSCO E POR UNHA RECEITA TAN FANTÁSTICA!!!


Unha semana máis tivemos a visita dunha familia para facer una receita na aula despois de levar o recetapolario a casa. Nesta ocasión a nosa convidada foi Cris, a mamá de Teo, que nos trouxo una receita moi especial e que nos encantou: pompas de xabón.
Pasámolo xenial facendo pompas pequenas, medianas, grandes e xigantes.

MOITAS GRAZAS CRIS POR VIR, PASÁMOLO XENIAL E FIXÉCHELO MOI BEN!!!


O receitario viaxeiro dos choquetes, fixo a súa última saída este curso. Nesta ocasión visitóu a casa de Íker e tróuxonos trufas de chocolate. Montse, a mami de Íker, achegouse á clase dos choquetes para facernos esta sinxela receita. Todos axudamos un pouquiño e ao final degustamos as fresquiñas trufas de magdalenas, queixo de untar, chocolate e virutiñas de cores. Mmmmmmm estaban deliciosas!!!


Unha semana máis a nosa maleta marchou de viaxe, nesta ocasión a casa de Mauro. Despois de pasar uns días disfrutando dos libros decidiron facernos unha receita moi simpática que nos encheu a barriga e tamén a alma.
Nos vos adianto máis!!
MOITAS GRAZAS A CHARINA POR PARTICIPAR NO PROXECTO E VIR A NOSA AULA!!! DA GUSTO COMPARTIR CON TODAS AS FAMILIAS ESTES MOMENTOS TAN FANTÁSTICOS!!!


Diego e a súa familia, no receitario “para sentirse mellor” dos choquetes, aportaron unha orixinal receita para rir e divertirse mogollón. A súa receita chamábase “PONLLE A COLA AO BURRO”, e como a familia de Diego non podía vir ao cole a facer con nós a súa receita, enviáronnos un simpático vídeo explicativo. Mirade que ben o pasamos! Un divertido xogo para rir e traballar xuntos para axudar aos compañeir@s.


Irea e a súa mami, trouxéronnos unha boísima idea no noso receitario viaxeiro, “Pan de trasnos”. Irea cando vai a Vieiros pasa moito rato buscando polos bosques aos travesos trasniños, pero… non hai xeito de atopalos. Idearon unha receita máxica para atraelos, o seu delicioso pan de trasnos porque…….. cando o atopan non deixan ningunha miguiña!

Así que Irea e Maika querían que os choquetes probasen o seu pan e se sentisen como verdadeiros trasniños. E mentres esperaban a que saísen as fornadas escoitamos un conto chulisimo da man de Maika e a axuda de Irea, “Sopa verde”.

Queredes ver que bos panadeiros son estes pequechos e pequechas? Pois atentos, atentos que os vídeos van comezar!!!



A %d blogueros les gusta esto: