Archivo de la categoría: RECUNCHOS

Este curso estamos a cambiar un pouco a nosa forma de traballar. Temos 3 recunchos de traballo e 5 recunchos de xogo. Aos recunchos de traballo imos por equipos, como este curso somos superheroes, temos o equipo dos supermans, dos batmans e dos capitáns América.

20161123_123942

Os recunchos de traballo son 3: os pinceis, as letras e os números

Para poder identificalos e acceder comodamente a eles, fixemos unha bonitas supercapas  para as cadeiras con elementos identificativos dese recuncho. Fixemos unha cenefa ao  redor seguindo unha serie sinxela e pegámoslle unha insignia e outros elementos brillantes e chamativos. Mirade que forma máis orixinal de distinguir cada recuncho! Pasámolo xenial facendo as nosas orixinais capas de recunchos!


Os choquetes tamén visitaron a batcova. Levaron o seu baúl cheo de cousiñas dos superhéroes, capas, bonecos, escudos, linternas, puzles, contos, máscaras,… algunhas estaban nas nosas casas e outras foron feitas polas familias. Como é un recuncho moi pequerrecho e os choquetes son tantos imos ir pasando pola batcova por grupiños pequenos. Mirade que ben o pasamos transformándonos en divertidos superheroes!


Aproveitando o tema dos superheroes o equipo de Infantil pensamos en crear un recuncho de xogo relacionado co proxecto onde puideramos xogar todos. O mellor sitio que atopamos foi a entrada da biblio así que cos cartóns que nos trouxo a mamá de Carla e Ainoa, o inxenio e boa man da profe Rosa e de Tere a xefa de estudos e, por suposto, a colaboración das familias dos Apolos que nos mandaron unha chea de cousas para xogar inaguramos este recuncho.
Fixemos dous equipos para non amontoarnos e fomos xogar. Aproveitamos para poñer as capas, completamos o traxe cos antifaces, coloreamos os libros de Lady Bug, xogamos co martelo de Thor, usamos os brazaletes e espadas, xogamos coas cartas dos superheroes, tentamos facer puzles, puxemos sellos de Spiderman… En fin, un non parar!!

QUERO DARVOS SINCERAMENTE AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN, SEN VOS NON SERÍA POSIBLE. SODES FANTÁSTICOS!!!


Cando fomos a ver a obra “Os tres porquiños” gravamos as cancións porque eran moi animadas. Aos Cocoricos encántanlles e, de cando en cando, mentres traballamos póñollas de fondo.
Onte estáballes preparando un vídeo con todas elas e quixeron volver a escoitalas así que puxen os altofalantes. De repente deixaron de xogar nos recunchos e fóronse aproximando a pantalla e, así, coma un xogo máis comezaron a bailar. Están para comelos.


Os meus sapiens, pouco a pouco comezan a dar os seus pasiños por este novo curso. Xa son maiores e están máis maduros e iso vese reflexado nos seus ordenados xogos nos recunchos, por iso nesta ocasión quixemos deixarvos aberto un buratiño para que vexades que organizados están e que ben se portan nos diferentes recunchos da aula. Aínda que neste momento nos están funcionando todos.


Pouco a pouco os sapiens están máis contentos e entregados no recuncho dos médicos. Cada vez que van xogar a el déixanme coa boca aberta porque parecen uns verdadeiros especialistas. Agora complicámolo un pouquiño máis, é dicir, o médic@ ten que escribir únha sinxela historia médica do paciente (por o nome do paciente, idade, data da consulta, síntomas e a firma do doutor), facer a exhaustiva exploración e para finalizar facerlle unha sinxela receita (na que ten que aparecer o nome do médico, o nome do paciente e a medicación). Pero para que o noso recuncho fose máis máxico e moito máis motivador, agora tamén temos uns fermosísimos traxes de médico e enfermeiro.

Vouvos a deixar un vídeo con todas as consultas que xa fixemos e todos os grupos que participaron nelas e logo xa me diredes vos se teño ou non razón…


Fai uns días xa vos comentei que estabamos preparando o recuncho dos dinosaurios. Pero, neste recuncho faltaba o máis importante, os dinosaurios. Aproveitamos para velos e falar deles. Os Cocoricos sabían unha chea de cousas: os nomes, se comían herba, carne ou peixe… Dalgúns non tiñamos moita idea pero xa os apartamos para seguir investigando.
Estade atentos e xa veredes todo o que podedes aprender cos Cocoricos.



A %d blogueros les gusta esto: