Archivo de la categoría: RECURSOS

Os choquetes, levaban semanas preparando o se remate final ao tema dos superhéroes dos cócmis e da t.v.  Quixeron realizar un lapbook, que resumía todo o que traballaran ao longo do curso. Tiveron moito traballo, xa que foi una tarefa moi laboriosa. Tiveron querer, escribir, contar, pintar, picar, pegar, recortar,… Ufff cantas cousas!!! Tiñan moitas gañas de rematar para ensinarlle ás súas familias todo o que sabían dos superhéroes, porque seu que elas non sabían tantas cousas coma eles. Ahí vos deixamos un bo resumo dos seus traballiños.


Celia, unha das choquetes máis tímida, recibíu un e-mail da súa familia cheo de fotos moi importantes para ela. A pesar da súa timidez foi capaz de amosarnos e contarnos o que acontecía en cada unha delas. Noraboa Celia!!! E… graciñas familia por compartir con todos nós os vosos recordos!


Co gallo do noso proxecto de arte, os sapiens fixeron uns artísticos expositores para os seus cadros. O primeiro fixérono pegando trociños de papeis de cores a modo de mosaico e o segundo fixérono pegando círculos de tamaños e cores diferentes, empregando as ideas de Kandinsky. E agora lucen moi fermosos no noso corredor para acoller as obras destes pequenos-grandes artistas.


Enzo recibíu un e-mail cheo de fotos da súa excursión familiar pola Coruña. Para esta ocasión eleximos as fotos do Acuarium e do museo da Domus. Enzo medrou tanto que explicou todo con moito detalle cada unha das fotografías porque eran moi significativas para el. Queredes ver o ben que o fixo??? Pois atentos, atentos que isto vai comezar!!!


Julia quixo amosarnos a súa pequeña viaxe ao parque de Marcelle xunto coa familia. Foi moi divertido ver o ben que Julia explicaba as cousas, agora xa non é nada tímida e parece “super-maior”. Parabéns Julia!!!!


Todas as semanas xogamos ao xogo dos Apolos algún día da semana. David dicía que era moi fácil así que era hora de facer a segunda. Ademais, agora somos un máis, xa que esta semana a nosa familia medrou e agora somos 11. A nosa nova compañeira chámase Xiana.
Fixemos unha nova versión do xogo. O xoves xogamos na aula e despois de mellorar un par de cousas aquí volo deixo para que vaiades practicando na casa, nos seguiremos xogando no clase.

apolos 2


Aínda que mañá é o día de San Martiño, as condicións atmosféricas obrígannos a celebralo o mércores. Na aula levamos uns días aprendendo moitas cousas desta festa e queremos compartir con vos aqueles recursos que estamos usando.
Vimos o LIM da castañeira que elaborou a nosa amiga ANA MARTÍNEZ REY:
 magostolim

Tamén vimos o vídeo do conto da Castaña que rebentou coa risa de Ana Martínez Rey:

E estamos aprendendo a canción do Magosto que elaborou o departamento de música do CEIP OUTEIRO DAS PENAS:
CASTAÑACANCION

Se queredes máis recursos, Belén Junquera elaborou un symbaloo recollendo recursos:
symbaloomagosto
Finalmente, os compañeiros do Outerio das Penas teñen recollidos estes recursoso no blog O outeiro de Matilda:

magosto outerio



A %d blogueros les gusta esto: