Archivo de la categoría: REDONDELA

A maleta da coca Simona deu rematadas as súas visitas polas casas dos sapiens. Nesta última visita Anita e a súa familia quixéronnos ensinar a facer pan de millo, tal e como se facía e fai dende xa fai moitos anos. Fixeron un vídeo moi chulo explicando todo o proceso. Imos deixarvos dous vídeos para que vexades o atentos que estaban os sapiens a todas as explicacións de Anita e da súa nai e logo imos deixarvos o vídeo que fixeron con toda a súa familia para ensinarnos o proceso de elaboración do pan de millo.

Anuncios

Para rematar o proxecto: “Redondela, unha vila de lenda” quixemos facelo dun xeito especial, un divertido día na Praia de Cesantes coas illas de San Simón e San Antón enfronte. Xogamos a pataca quente, ao pañuelo con pelotas de tenis, ao aros e coa area. Logo merendamos a sombriña dunhas boas árbores e como remate final baixamos ata a beira para mollalos pés, coller algas e cunhas. Logo voltamos á area para secarnos e recoller. Pasáronsenos as horas voando!!! Xenial!!!


Levabamos varias semanas preparando, polas aulas, unhas orixinais cocas. Cada un elixíu diferentes técnicas e materiais plásticos para decoralas. Os sapiens pintaron con témpera a gran coca, logo picaron e pegaron como se fose un mosaico círculos de cores e tamaños diferentes, estamparon con corcho lunares verdes e como remate final déronlle brillo con gomets metalizados. Mmmmm tedes curiosidade por ver como quedou??? Pois atentos, atentos que neste vídeo ímosvos a ensinar como foi todo o proceso. E tamén queremos ensinarvos as cocas do resto dos compis da escola.


As viaxes da maleta da coca Simona, polas casas dos sapiens, están chegando ao seu final. Nesta ocasión visitou a casa de Lía e tróuxonos unha visita moi especial… “As penlas”, “as burras” e a Margot (toda unha experta na historia do seu baile e dos seus traxes). Todo un luxo para estes pequenos expertos coñecedores da súa vila.


A semana pasada os sapiens e todos os peques de Reboreda, grazas á maleta da coca Simona e grazas a Daniel e a súa familia, poideron gozar coa visita de Tatán nunha sesión de títeres moi especial. Tatán explicóunos que existen diferentes tipos de títeres, uns de fíos, outros de variña e outros de siluetas planas. Amosóunos como se movían e como tiñamos que mover os fíos para simular que tiñan vida. Pero imos deixar de falar tanto para dar paso a esta maxistral clase cun vídeo moi especial.

GRAZAS TATÁN!!! E tamén GRAZAS MARÍA, por traernos unha visita tan orixinal!!!


Esta semana a coca Simona retomou as visitas ás casa dos cocoricos. Nesta ocasión, Roi e Álvaro quixéronnos sacar do cole e leváronnos polos camiños de Reboreda ata o prado do “Carballo das cen polas” e alí simulamos a Xan Carallás, comendo, bebendo e gozando sen parar. Bea tamén trouxo fotos das festas campestres que se facían xa fai anos naquel prado e recordamos como xogaban os pequechos tirándose a rebolos por una pequena ladeira do prado.

Pasámolo xenial!!! E dámoslle as grazas a Sandra e Bea por una saída tan espectacular!!!


A maleta de Simona nesta ocasión viaxou á casa de Ana e alí argallaron una sorpresa inolvidable para todos os pequesreboreda, traer aos cabezudos ou papamoscas de Redondela e á propia coca Simona. A sorpresa foi enorme e soamente tiñamos que ver as cariñas dos peques. Falamos coa coca, que tiña una linguaxe moi rara pero…. menos mal que viña acompañada do seu moderno centulo  e era o encargado de traducir todo o que ela dicía. Fixemos fotos de grupo con ela e como remate final repartíu caramelos a todos os nenos de cole.

Graciñas a Ana e a súa familia por traernos una visita tan sorprendente!!!



A %d blogueros les gusta esto: