Archivo de la categoría: ROBOT

Rematamos esta serie de artigos que tiña pendentes coa visita da maleta a casa de Anxo. Saiu do cole moi contento coa súa maleta e volveu ao cole cargado cun robot feito con material de refugallo que é moi veloz.
Aquí o tedes!

https://youtu.be/Okx5VnlQyh0

Anuncios

A maleta pasou uns días en Aldeas Infantís. Manu estaba tan emocionado que houbo que sacarlle a maleta de cando en cando para poder seguir coa rutina diaria.
Manu pasouno moi ben e xunto a Ana fixeron un robot moi orixinal. Mirade!!!


A nosa maleta dos robots segue de viaxe por Reboreda e nesta ocasión pasou uns días na casa de Daniela. Alí, ademais de xogar con todo, Daniela e a súa mamá romperon moito a cabeza para poder facer un robot. E despois de varios intentos fixeron unha araña moi simpática!!!


Seguimos co proxecto dos superheroes cercanos e nesta ocasión o papá de Alba foi o que nos quixo amosar os seus superpoderes. Fernando e Marcia viñeron buscarnos co coche para poder chegar sen problemas a súa empresa (tamén nos axudou Lula, a que lle damos dende aquí as grazas) e unha vez alí comezamos a visita.
Fernando traballa en Plastic Omnium, empresa de compoñentes plásticos que elabora os parachoques e portóns traseiros dos coches.
Estivemos na sala de xuntas vendo un vídeo e tocando o diferente material co que traballan. Despois fixemos unha visita guiada por algunhas zonas seguras da fábrica, iso si, moi ben uniformados e vimos o seu sistema de robótica.
Por razóns de confidencialidade non temos fotos pero aquí vos deixo un resumo da visita contado polos Apolos.

MOITÍSIMAS GRAZAS A FERNANDO E TODOS OS SEUS COMPAÑEIROS DE TRABALLO PORQUE NOS TRATARON FENOMENAL.

TAMÉN A MARCIA, A MAMÁ DE ALBA, QUE NOS TRANSPORTOU E ACOMPAÑOU DURANTE TODA A VISITA.


A nosa maleta segue visitando as casas dos Apolos e nesta ocasión foi de visita a casa de Alba. Alí traballaron arreo e mirade que fixeron!


A maleta segue o seu camiño e nesta ocasión fixo unha parada na casa de Ainoa e Carla. Elas traballaron arreo xunto aos seus pais para traernos un novo robot feito con material de refugallo, trátase dun avión. Mirade que ben lles quedou!


A nosa maleta segue de viaxe. Nesta ocasión pasou uns días na casa de Teo onde fixeron un simpático robot con material de refugallo e así nolo explicou el.