Archivo de la categoría: RUTINAS

Seguimos superando retos. Nesta ocasión volvemos a facer axustes nos equipos e os cambios foron moi positivos.
Tivemos tres retos con diferente dificultade, un de sumas, outro de figuras redondas e o último con palabras a fuga.

O máis sorprendente foi a resolución dun dos retos por parte dos Cociñeiros que atoparon un fío conductor boísimo do que eu non me dera nin conta.
Espero que disfrutes tanto coma min vendo a estes peques poñendo as súas cabeciñas a traballar.


Os Cocoricos seguen a superar retos co noso calendario. Desta volta tiñamos tres retos novos, un con formas xeométricas, outro con debuxos e o último con letras, palmadas, cadrados… Os dous primeiros todos os equipos o sacaron a primeira pero o das palmadas deu moito xogo. Por primeira vez dende que comezamos esta aventura un equipo non deu con ningunha solución ao reto e isto fixo plantexarme que é necesario mover os equipos porque se van viciando e algúns deixan de funcionar, sobre todo, se non lle deixamos resolver o reto sempre ao mesmo membro do equipo.

Aínda así segue sendo unha actividade moi enriquecedora e que da moitísimo xogo na aula. Os nen@s intercambian opinións, confrontan ideas e resolven problemas por si mesmos.

NA CAIXA DE RECURSOS TEDES XA OS CALENDARIOS NOVOS QUE FAREMOS NAS VINDEIRAS SESIÓNS


Durante mes de decembro seguimos traballando co calendario cooperativo. Cada vez os retos vanse complicando máis e comezan a aparecer opinións máis dispares nos equipos. Nesta ocasión tiñamos un sudoku de minúsculas, unhas edificacións con números debaixo e unhas sumas moi estrañas. Mirade, mirade!


Seguimos xogando ao aforcado na clase dos Cocoricos e, cada semana tentamos xogar a un diferente. Esta semana atopamos un que nos gustou moito porque podes escoller a temática antes de xogar. Nos escollemos o corpo humano para facer memoria do que aprendemos o ano pasado. Agora na casa podedes probar con outros temas.

ahorcado


Esta semana os retos eran máis fáciles. Todos agás un que parecía un sudoku pero non era e non tiñamos moi claro cal era a solución. Iso si, dun xeito máis ou menos rebuscado todos acabamos dándolle forma.
Xa tedes na caixa de recursos os calendarios novos.


Xa sabedes que este ano facemos o calendario en equipo e que os retos que aparecen no calendario van mudando. As semanas anteriores tivemos tres retos moi interesantes. O primeiro foi moi fácil e evidente para todos os equipos e resolvéronno coa gorra. Mirade, mirade!!!

Pero os outros dous retos déronnos máis dores de cabeza. Nos retos non digo que é o que hai que facer, coma moito, dou algunha pista, non busco unha resposta en concreto, o que me interesa é todo o proceso de pensamento. Coma ides ver, nos dous retos algún equipo da coa resposta máis lóxica para nós coma adultos e algún equipo pasa moitos apuros para acadar unha resposta boa. Foi fantástico!!! Para os que nos seguides tedes estes calendarios na caixa de recursos e tamén os novos que xa estamos a traballar na aula. Proximamente veredes máis porque este ano os calendarios vannos acompañar todo o curso.


Cando xa vos comentei en entradas anteriores este ano estamos a darlle unha volta ao noso calendario. Cada semana os equipos teñen que afrontar novos retos no calendario e deben facelos entre todos. Pouco a pouco os retos vanse complicando. Trátase de engadir unha actividade onde haxa unha consigna xeral e non unha única solución. Pouco a pouco os equipos van dialogando e atopando acordos.  Aos Cocoricos aínda lles custa entender a dinámica dos equipos e nalgúns equipos faise o que diga un deles pero noutros, pouco a pouco, comezan a aparecer as voces discordantes. Mirade, mirade!!!



A %d blogueros les gusta esto: