Archivo de la categoría: RUTINAS

Como sabedes, fai unhas semanas tivemos a visita da profe Susana e do profe Manuel que viñeron a prestarnos unha pantalla dixital interactiva para traballar con ela durante o proxecto de Agrupacións Escolares.

Primeiro tivemos que colocala na clase e logo esperar polo cable, que non daba chegado. Estabamos impacientes por probar o dedo máxico que nos prometera o Capitán Maragota  e, finalmente, a semana pasada puxémonos mans a obra. A verdade é que é xenial poder usala sen ter que esperar ao día de informática e todos estamos desexando que nos toque ser o encargado para traballar nela.

Aquí tedes a estrea con Paula D, que é moi, moi tímida e pasou un pouco de mal rato ao ser grabada, nembargante, conseguimos que fixera todo e ademais moi ben e con moitísimo coidado e delicadeza.

Mirade que campeóns facendo o calendario.


Xa levamos algunhas semanas facendo as rutinas da mañá utilizando a nosa pseudo-pdi, pero este mes a profe déulle unha nova forma e deseñou unhas páxinas novas para: os recunchos, a data, o clima do día, o reconto dos compañeiros, elexir o encargado…

Como xa sabedes cada mañá, despois de colocar o mandilón sentámonos na asemblea para facer as rutinas de cada día, nelas traballamos a lecto-escritura, as matemáticas, relacionámosnos co grupo, melloramos a nosa linguaxe oral, perdemos a timidez,… unha chea de actividades moi educativas. Pero agora aínda queremos avanzar un pasiño máis. Estamos a utilizar conxuntamente os nosos carteis tradicionais (os de toda a vida, como son: dos recunchos, da data, do reconto) co emprego das novas tecnoloxías (o portátil, o retroproxector e a nosa pseudo-pdi, a nosa pantalla dixital interactiva) resultando así unha actividade altamente atractiva, na que todos participan axudando ao encargado do día sendo tamén, deste xeito, máis doado prestar atención.

Queredes ver como facemos as rutinas, pois….. atentos, atentos, que comeza a asemblea!!!!

E aquí nesta presentación deixámosvos un resumo das actividades que facemos…


Este vídeo que vou compartir con vos emocióname especialmente. Se botades a vista atrás e vedes os artigos que falan do calendario do ano pasado aínda vos vai sorprender máis.
Os Vincis tiveron que facer o calendario sos, co ordenador apagado e sen escribilo no encerado, usando a súa cabeciña e teño que dicir que foi incrible. No vídeo hai momentos de certo balbordo porque eles falan entre sí buscando solucións aos seus problemas pero hai 3 momentos que me encantan: a Lucas C cando remata de facer o calendario e dase conta de que foi quen de facelo so, a Alba D axudando a Paula D, dicíndolle que letra vai e, finalmente, a Pablo que é o benxamín da clase. Pablo quere facer o calendario pero frústase porque sabe que cando escribe Domínguez, despois do O e antes do I vai unha letra pero, por máis que pensa, non a atopa. El ve como os compañeiros van rematando e cada vez séntese peor. Cando vou a axudarlle esváranlle as bágoas de impotencia. Veredes no vídeo que empeza a completar o calendario desganado, triste e sen facerme moito caso… Cando consegue rematar…!!!
Se podedes buscade no arquivo o calendario do ano pasado para ver que evolución tan enorme deron estes Vincis nun so curso.
NON SE PODE ESTAR MÁIS ORGULLOSA DESTES FENÓMENOS.


Todos os días levamos a cabo varias rutinas, coma por exemplo: por a data, facer o reconto de cantos viñeron ao cole, falar na asemblea, elexir o encargado, escoller os recunchos de xogo,… pero a máis educativa de todas é, sen embargo, a hora da merenda.

Aprendemos a comer sentados, sen presas e con orde, sendo autónomos, reciclando.

Así son cada día as nosas merendas, mirade que ben o facemos.

</object]


Non son un grupo de rock, nin un gran grupo  de astronautas, son…… os novos aventureiros da auga do cole de Reboreda.

Hoxe foi o primeiro día que estiveron todos xuntos durante un ratiño, e foi…… xenial!!!! Pasou tan rápido o tempo que algúns xa non querían marchar para casa e querían seguir gozando coas cousiñas que fixeron co profe Eteban.

Ahí tedes unhas poucas de fotos para que os vaiades coñecendo….


Seguindo co proxecto da auga, e como na clase dos exploradores xa temos un gran acuario só nos faltaba un novo cartel para unha das rutinas de cada día, o cartel do control de asistencia.

Neste caso fixemos un fondo mariño cheo de peixiños, cangrexos, cabaliños de mar, estrelas mariñas, polbos,… Cada día o encargado deberá repartir as tarxetas cos nomes dos seus compañeiros (e este ano todavía é máis difícil porque agora os carteis só teñen o nome, agora xa non temos a axuda das fotos), así aproveitamos para facer un achegamento a lecto-escritura, tentando descubrir o nome que hai en cada tarxeta. Ao rematar de repartir os nomes facemos un reconto de cantos hai ese día na clase e cantos están na casa, así aproveitamos para traballar un pouco conceptos matemáticos.

Aos exploradores gustóulles moito este novo cartel de asistencia, xa que cada día, cando coloquen a súa tarxeta no fondo do mar, poderán elexir un animal mariño diferente.


Os exploradores xa levaban días esperando a volta á escola. Tiñan moitas ganas de voltar para ver aos seus amigos, para voltar a xogar nos recunchos, para inventar divertidas historias no patio e para compartir ricas merendas.

Tantas ganas tiñan de estar de volta…….. que non podían parar de falar de todo o que fixeran nestas semanas de vacacións. E como se non houbese pasado o tempo, rapidamente acostumáronse ao ritmo e rutinas da escola.

Así foi o noso primeiro día…


Despois de levar todo o ano facendo gráficas do tempo, esta semana aproveitamos para comparar o tempo que fixo durante todos estes meses. Vimos en que mes fixo máis sol, no que choveu máis, no que choveu menos… E tamén vimos como foron evolucionando as nosas gráficas.
Xa sabedes, cando te atopas con alguén e non sabes de que falar, aproveitade para falar do tempo que da moito de sí.


No mes de xuño os Vincis xa non falamos da fin de semana, pero aínda quedaba algún Vinci por ai sen colgar. A experiencia na aula estivo moi ben, pero as familias contásteme nas reunións que aos Vincis costáballe moito escribir na fin de semana e cansábanse con facilidade, así que no vindeiro curso imos a aparcar a libreta da fin de seman e buscaremos outras iniciativas máis motivadoras. De todos os xeitos hoxe é o turno de Conchi.


MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA IMPLICACIÓN


 

Un mes máis os Vincis levaron a cabo o seu estudo do tempo. Agora xa sen apoio visual e facendo a gráfica eles sos. É incrible ver como avanzaron nestes meses e como dominan as estatísticas. Imos aproveitar as próximas semanas para facer estudios comparativos do tempo que fixo ao longo deste meses a ver que sae.


Esta semana veredes as actividades dos seguintes Vincis:

GEMA, IVÁN, ALBA M E LUCÍA


Unha semana máis volvemos a colgar a 4 novos Vincis falando do que fixeron na fin de semana. Desta volta os protagonistas son Unai, Rober, Paula D e Marcos.


Un mes máis, e por non perder o costume, os Vincis fixeron a súa gráfica do tempo. Claro que este mes foi un pouco especial porque tamén rexistramos a temperatura e, sobre todo, porque non fixemos a gráfica no ordenador, así que tiveron que facela sos, sen referentes visuais. E fixeron unhas gráficas xeniais. Están feitos uns fenómenos, o instituto nacional de metereoloxía vai ter que contratalos para facer estudios do tempo porque non teñen quen lle faga sombra.


Os mestres de educación infantil cando estudiamos sempre se nos di que en Infantil as rutinas son fundamentais, porque axudan aos nen@s a saber que vai pasar, a organizar a mañán, a ser máis autónomos e a ter maior confianza. Este ano quixen dar unha volta as rutinas e introducir actividades novas a ver que pasaba. Unha delas e facer a estatística do tempo, unha estatística que non nos trae máis que alegrías. Pero, claro, para non caer no aburrimento cada mes tento introducir un elemento novo. Este mes os nen@s fixeron un traballo incrible. Aquí o tedes.


Por certo, os Patitos tamén lles encantou a idea de facer estatísticas climáticas e fixeron a do mes de febreiro. Aquí a tedes, podedes aproveitar e comparar o tempo de Villapendi co de Reboreda. A profe Susana de Asturias escribiu o seguinte:
EN VILLAPENDI TAMBIÉN HEMOS COMENZADO A CONTABILIZAR EL TIEMPO QUE HACE.
EN UNA CARTULINA VAMOS PONIENDO TODOS LOS DÍAS EL DÍA QUE HACE Y AL FINAL DEL MES HACEMOS EL RECUENTO.
HA SIDO MUY DIVERTIDO Y A LOS NIÑOS LES HA GUSTADO MUCHO COLOREAR EL DIAGRAMA DE BARRAS.
ESTE MES HEMOS TENIDO DE TODO UN POCO, INCLUSO HA NEVADO DOS DÍAS, PERO LO QUE MÁS HA ABUNDADO HAN SIDO LAS NUBES CON SOL.
A CONTINUACIÓN OS MUESTRO EL RESULTADO DE NUESTRO TRABAJO.