Archivo de la categoría: SAMAIN

Unindo un pouco o noso proxecto dos superhéroes e as celebracións destes días, na entrada da biblioteca do cole fixemos una batcova moi oscura e sinistra. Os choquetes quixeron contribuir un pouco nesa decoración e fixeron as terribles arañas que danzan se parar do teito da cova xunto a uns simpáticos morcegos. Resultou ser un recunchiño moi especial para contar historias de medo ou para xogar aos superhéroes. Ao longo do curso a cova irá cambiando e xa vos seguiremos mantendo informados. Agora vos deixamos imaxes dese traballo.


Este curso quixemos unir dúas das celebracións máis especiais para estes peques, o magosto e o samaín. Para esta gran celebración fixemos uns divertidos obradoiros, co profe Rosa fixemos uns cestos de castañas tan terroríficos que daba medo velos. Queredes ver canto traballaron todos os pequesreboreda, pois ahí vos deixamos uns recordiños…


Este ano no cole decidimos xuntar as festas do Samaín e do Magosto porque son duas celebracións moi próximas e pareceunos boa idea xuntalas. En Infantil os profes xuntámonos e decidimos organizar a mañá para que os peques disfrutasen o máximo posible. Organizamos catro talleres: na aula do profe Esteban un taller de cociña terrorífica facendo arañas con galletas e chupachups e cabazas con mandarinas, na clase da profe Rosa un taller creativo para decorar os cestos das castañas e convertelos en monstruos, na clase da profe Aída maquillaxe e construcción de títeres de medo-dedo e na batcova unha sesión de contos de medo feita por min.
Fixemos catro equipos con nen@s de todas as aulas para que fosen xuntos aos talleres, xuntámonos no salón de actos e puxemos a cada neno un gomets dunha cor para que soubesen a que equipo pertencían.

Os grupos estaban en cada taller 30 minutos e despois cambiaban ao seguinte, de xeito que todos os nen@s, ao longo da mañá ían pasando por todos os talleres.

Chegamos a queima de medos no patio. Logo merendamos rosquillas que nos agasallou a ANPA e despois de rematar os talleres comemos as castañas.
Os peques  pasárono xenial e foi un día moi divertido e especial!


Inda que este ano estamos moi ocupados cos robots non podiamos deixar de lado todo o que aprendemos o ano pasado de cociña así que, aproveitando a celebración do Samaín, fomos A cociña para facer uns deliciosos dedos de monstruos, verdes, viscosos, con unllas longas e ensanguentadas… vamos, unha delicia!!!

QUEREDES UN POUCO?


Aínda que xa pasaron uns días do Samaín inda non me dera tempo a compilar todo o que fixemos. Este ano, ademais das cabazas, as chulas e os mocos de monstruos pasamos unha semana moi entretida facendo monstruos e escribindo os medos para queimalos na festa do Samaín.
O día 29 foi moi especial porque despois de celebrar os aniversarios de outubro aproveitamos para facer talleres todos os pequesreboreda. Había 3 talleres: o de maquillaxe, as pócimas infernais e os mocos de monstruo. Por quendas os Choquetes, Apolos e Xirasois e os Coquiños foron pasando por todos os talleres e pasámolo xenial!!!
Aquí vos deixo un resumo.


Os días de samaín, os peques sempre andan moi liados preparando diferentes actividades. Os choquetes fixeron unhas terroríficas bolsas de chuches que tamén decoraron a súa clase, a modo, de banderíns, logo participaron na queima dos medos e por último realizaron xunto cos seus compis diferentes obradoiros de medo, como por exemplo: maquillaxes monstruosas, blandiblú arrepiante e pócimas asquerosas para espantar a calquera. Imos deixarvos anaquiños deses momentos.


Este ano quixemos celebrar o Samaín dun xeito máis participativo e ademais das chulas, fixemos de científicos de tolos e creamos na aula Mocos de Monstruos ou o coñecido blandiblu.

Foi un auténtico éxito!!

A QUE QUEREDES PROBAR?

 



A %d blogueros les gusta esto: