Archivo de la categoría: SCIENCE – MALETA CIENTÍFICA

O curso está chegando ao seu fin e o outro día os Vincis, que xa están en 6º (coma pasa o tempo) convidáronnos a ir con eles así que alá marchamos.

Fomos andando ata o Muiño do Xistra, moi preto do cole. É  tranquilo, un campeiro verde por onde pasa o río e nun lugar tan sinxelo pasamos un día fantástico.

Os maiores xogaron cos pequenos a carretilla, a carreiras a escarrancha pernas, a tirarse a rebolos, intercambiaron confidencias, xogaron a pita, viron rás… E, despois da merenda, un merecido baño.

Ás veces as cousas máis sinxelas convértense nos mellores días porque de seguro que os nen@s non van recordar o día que aprenderon a sumar ou calquera outra cousa, o que recordarán son estes momentos lúdicos onde, entre xogos, aprendemos a respetar o medio, a compartir, a escoitar, a ver fauna e flora no medio natural…

Teño que dar as grazas a profe Luisa e aos Vincis por convidarnos. Ter a estas dúas xeracións que consideron miñas e poder compartir unha mañá xuntos foi precioso e moi emocionante. Velos conquistando illas, viaxando en barcos piratas, cabalgando en cabalos fantásticos, soñando, rindo, divertíndose…FOI SENSACIONAL!


Os máis peques do cole baixamos ata Redondela para dar una voltiña pola feira do libro. Pasamos polos postos, escoitamos un conto e ata saudamos á Coca Simona.


Xa chegou, xa está aquí… o día máis esperado do curso!!! Imos a Indiana Bill!!!

Imos deixarvos unhas fotos moi lindas, xa que as súas cariñas son todo un poema. Teño que dicirvos que nun lugar así é moi difícil facerlles fotos a todos porque non paran quietos: suben, baixan, deslízanse, trepan, corren, saltan,… Misión case imposible inmortalizar a todos os choquetes neses momentos! Pero aínda así ahí van unhas poucas!


Todos os anos gustanos poñer de broche final do curso a visita a Indiana Bill onde xogamos, berramos, desfogamos e, sobre todo, pasámolo xenial pequenos e grandes. E este ano ademais convidamos a profe Claudia a que se unirá connosco a diversión.

COMA NOS GUSTA INDIANA BILL!!!


Este ano subimos ata San Martiño para celebrar o noso día da árbore. Alí plantamos con sachos e coas propias mans a nosa pequena árbore, logo merendamos para repoñer forzas e finalmente xogamos, exploramos, buscamos bichiños e ata recollemos o lixo que atopamos polo monte. Un gran día!!!


No Muncyt vimos un avión e aprendemos algunhas cousas de aeronáutica así que tocaba poñer en práctica na aula algunhas das cousas que aprenderamos. Pero, como?

Despois de falar da saída decidimos construir avións de papel, para iso vimos un titorial no youtube e logo fixémolos nós na mesa. Cos avións xa preparados fixemos unha proba de voo pero non quedamos ahi, Seguimos buscamos e atopamos o avión que mellor voa segundo a rede e… ata construimos un aerodeslizador.

Mirade, mirade!!!



A %d blogueros les gusta esto: