Archivo de la categoría: SAÍDAS ESCOLARES

Este ano subimos ata San Martiño para celebrar o noso día da árbore. Alí plantamos con sachos e coas propias mans a nosa pequena árbore, logo merendamos para repoñer forzas e finalmente xogamos, exploramos, buscamos bichiños e ata recollemos o lixo que atopamos polo monte. Un gran día!!!


No Muncyt vimos un avión e aprendemos algunhas cousas de aeronáutica así que tocaba poñer en práctica na aula algunhas das cousas que aprenderamos. Pero, como?

Despois de falar da saída decidimos construir avións de papel, para iso vimos un titorial no youtube e logo fixémolos nós na mesa. Cos avións xa preparados fixemos unha proba de voo pero non quedamos ahi, Seguimos buscamos e atopamos o avión que mellor voa segundo a rede e… ata construimos un aerodeslizador.

Mirade, mirade!!!


O mércores pasado fomos pasar o día a Coruña. Foi un día moi intenso pero pasámolo estupendo. A pesar de ser moito camiño fomos moi enredados no autobus tanto a ida coma a volta, xogando e falando coa profe Claudia.
Xa na Coruña visitamos o Muncyt e alucinamos entrando nun avión, vendo os robots ou construindo helicópteros.
Despois de comer, é podo prometer que comemos!!! Fomos ao Aquarium onde aprendemos unha chea de cousas a pesar de que a nosa monitora estaba afónica.
Non podiamos voltar sen ter un rato para nós así que fomos ao Monte de San Pedro e alí xogamos grandes e pequenos.
Foi moi divertido e a volta os Apolos preguntaban cando iamos volver outra vez!

Aquí vos deixo unhas fotos, clicade na imaxe, e tamén  algúns retazos en vídeo do que vimos.

coruna


Esta semana estamos moi atarefados compilando o que aprendemos na nosa visita ao parque dos Bombeiros porque imos ir a contarlle todo o que sabemos aos Choquetes. Para iso falamos na asemblea da visita e logo, cada equipo, na mesa, fixo un esquema do que ían contar.

Decidimos facer unha presentación con fotos porque así os Choquetes poden ver do que estamos a falar, así que hoxe preparamos uns powerpoints despois de aprender unha nocións básicas de funcionamento do programa.

Teño que dicirvos que foi incrible. Había un clima na aula que era unha pasada, todos moi concentrados, traballando en equipo, intercambiando ideas e preparando unhas presentacións fantásticas.
Agora so nos falta ir a clase dos Choquetes para compartir con eles todo isto.


Aquí vos deixo algúns retallos máis da nosa visita ao parque de bombeiros. Mirade canto aprendemos!


Este trimestre estamos traballando os superheroes cercanos e coma os nosos compañeiros de 1º ían a visitar aos bombeiros e lles sobraba sitio no bus tamén nos apuntamos.

Despois de pasar toda a semana aprendendo cousas dos bombeiros e de ter algunhas preguntas por resolver fomos ao parque dos Bombeiros de Teis, en Vigo.
Foi un día do máis emocionante e fixemos unha chea de cousas.

De momento aquí tedes un adianto pero nos vindeiros días vos amosaremos máis.



A %d blogueros les gusta esto: