Archivo de la categoría: SESIÓN DE CONTACONTOS

Iria visitou a clase dos choquetes para traernos unha historia fantástica, Blobló. Estes pequenos espectadores estiveron moi moi atentos xa que Iria fíxoo moi ben. Parabéns Iria!!!


Lucía, achegouse a clase dos choquetes para compartir con eles unha nova historia fantástica, “Unha eiruga moi larpeira”. Narrou o conto coa axuda de Antía e Sheyla, que lle axudaron a mover a pequena eiruga que rillaba, sen parar, nas froitas e alimentos desta historia. Os choquetes tiveron que estar moi atentos porque Lucía despois do conto fixo un pequeno concurso para ver si recordaban algunhas cousiñas. Ao final Lucía agasallou con ricos caramelos a este público tan atento. Noraboa Lucía!!! Fixéchelo de 10!!!


Paula levou varios días preparando o seu conto con moita ilusión, ensaiando a súa narración e preparando uns títeres representativos do conto, como: pelostortos e pantasmas coa axuda dalgunha das súas compañeiras. Mirade que boa sesión de contacontos poideron disfrutar os pequenos choquetes. Graciñas a Paula, Antía e Carla por facer que cada día os contos nos gusten máis!!!


Un xoves, máis, na hora de ler un novo contacontos visitou a clase dos choquetes cun libro moi especial para este entendido público de contos. Andrea preparou a súa historia con moito mimo durante moitos días, ata lles preparou uns bonito marcapáxinas para estes peques. Mirade que ben o fixo!!! Parabéns Andrea!!!


Cada xoves, una novo contador de historias visita a clase dos choquetes. Nesta ocasión Mara achegouse cun conto moi especial e sorprendente, “A visita dos domingos”.

Levou preparando a súa presentación varias semanas para que todo saíse perfecto. Ata lles preparou unas fermosas chapas como recordo do seu paso pola nosa clase. Mirade que ben o fan estes pequenos contadores de historias!!!


Un ano máis tivemos a sorte de poder ir ao Salón do Libro de Pontevedra, nesta ocasión fomos a ver a obra “As aventuras de Estravaganza Perez”, unha obra teatral onde se mesturaba teatro, música en directo e imaxinación.
Despois aproveitamos o bo día para merendar e xogar ao aire libre.
Aquí tedes un resumo.


Despois do Nadal os choquetes comezaron a visitar a biblioteca de Margarida, una vez á semana. Nela poden ver libros diferentes, do mundo que me rodea, libros con sorpresa, libros para contar, libros para ver soíños,… e nos últimos minutos da sesión aproveitamos para facer unha sesión de contacontos.  Queredes velos por este buratiño para ver como o fan? Pois poñédevos cómodos que isto vai comezar…



A %d blogueros les gusta esto: