Archivo de la categoría: SESIÓN TEATRAL

Na semana dos títeres, os choquetes baixaron ao multiusos da xunqueira para gozar dunha obra titiriteira moi especial. Logo merendamos no parque da Xunqueira e xogamos sen parar. Mirade que ben o pasamos!!!

Anuncios

En Pontevedra, deu comezo ao famoso “salón do libro”. Así que os pequesreboreda apuntáronse para visítalo, nesta ocasión fomos ver a obra de teatro de Extravaganza, unha nena moi viaxeira e aventureira. Despois do salón, fomos merendar e pasear pola “illa da esculturas”, xa que o tempo acompañaba e o parque estaba moi pretiño do pazo de cultura de Pontevedra. Unha gran viaxe para estes choquetes-aventureiros.


O pasado luns,  convidados pola Coordinadora de Normalización Lingüística do Concello, todos os peques do cole fomos a ver a obra musical “Os Tres Porquiños” de EducaTeatro. A obra gustounos moitisimo e pasámolo moi ben de principio a fin. Ao rematar puidemos facer unha fotos cos porquiños e o lobo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA


Baixamos camiñando, como todos os peques do cole, (pero o regreso á escola fixémola en autobús porque xa estabamos moi cansos) ata o multiusos de Redondela e pasámolo moi ben. Gozamos coa actuación do grupo Babaluva, “Lume”, despois xogamos sen parar no parque da Xunqueira e fixemos unha paradiña para repoñer forzas cunha pequena merenda. Queredes ver aos sapiens en acción? Pois….. atentos que ahí vos deixamos uns pequenos retazos deses momentos…..



@s pequen@s de Reboreda escoitamos unha historia moi fermosa que fala sobre o que lle aconteceu a unha familia o día que ían ter un bebé. As mamás dos Cocoricos Álvaro e Roi e os papás de Paula e Diego de Jesús, fixéronnos pasar uns momentos moi tenros e divertidos na súa compaña, botámonos unhas boas risas á par que vimos unha excelente interpretación. ¡Moitas grazas pola vosa colaboración mamás e papás!
¡Desexamos que desfrutedes como nós o fixemos! Un saúdo.


E chegou o día esperado… Montse e Jero invitaron a todos os peques de Reboreda a asistir á sesión de contacontos máis especial da escola.

Así comezou a mañá, cunhas invitacións moi especiais para tod@s.

E ás 12:30 h. deu comezo a sesión teatral, cunha magnífica acollida por parte de todos os peques e cunha chea de aplausos ao seu final.

Atentos, atentos, que o espectáculo vai comezar….



A %d blogueros les gusta esto: