Archivo de la categoría: SUPERPODERES

Este trimestre estamos traballando os superheroes cercanos e nesta ocasión tivemos na aula a un superheroe moi, moi cercano: o profe Guillermo. Resulta que o profe ten o superpoder de atopar fósiles cando anda de paseo polos montes na Rioxa e, fósil a fósil, foi estudando, investigando e aprendendo unha chea de cousas deles. Así que a semana pasada tivemos a sorte de telo na nosa aula compartindo os seus saberes con nós.


A nosa aventura robótica comezou con escornabot, lembrades?

Tiñamos unha chea de pezas para montar seguindo unhas instruccións e cando o conseguimos so faltaba encher a cabeza de escornabot para que funcionase. Xa vos dixen que non teño nin idea de robótica, Apolos máis eu imos aprendendo ao mesmo tempo así que poñer a andar a escornabot costoume máis do que esperaba pero, quen a segue a consegue e, por fin, anda.
Ides ver no vídeo a todos os Apolos codificando e isto é posible grazas ao traballo previo feito con code.
O robot é moi simple, móvese adiante, atrás a un lado e a outro e simplemente, con eses movementos, traballamos unha chea de cousas: distribución espacial, lóxica, numeración e conteo, lateralidade…


Lembrades o concurso “Coñecendo a orixe” da biblioteca?
Os xoves os equipos que levaron as maiores puntuacións no concurso fan un taller na biblio onde comparten as súas respostas con 20 rapaces que poden ir a sesión. A semana pasada tocáballes aos finalistas pero non estaban preparados así que a profe Marina díxonos se podían ir os Apolos.

Non tiñamos nada preparado así que pregunteilles na clase e dixeronse que sí ao momento. Lembrábase de todo o proceso pero, antes de ir a biblio, volvemos ver o vídeo da experiencia na aula.
E así, sen apenas preparación, mirade coma o fixeron.
DÉIXANME SEN PALABRAS. SON FANTÁSTICOS!


Xa sabedes que os Apolos estamos entusiasmados coa robótica. Fai unhas semanas fun a un curso de robótica e ensináronnos a facer un robot pintor cun vaso, tres rotuladores, un motor e unha pila.

Resulta que temos unha chea de motores ao noso redor, sobre todo dos xoguetes vellos, e con eses motores pódense facer unha chea de cousas.
Trouxen o robot pintor a clase e encantoulles así que eles tamén quixeron construír un. Despois de buscar na rede atopamos un cun cepillo de dentes que parecía sinxelo así que puxémonos mans a obra.


O espazo exterior está cheo de misterios, temos as estrelas, os planetas, os meteoritos, os asteroides e tamén as nebulosas. A profe Claudia contounos cousas delas, vimos un vídeo e logo creamos as nosas propias nebulosas na aula.


Xa vistes que montamos o noso robot solar. Coma ten 14 posibilidades, os Apolos decidiron montar outra forma. E parecía que todo ían ben…


O mellor, os fracasos serven para aprender!


Estivemos uns días preparando a chegada do día da paz, preparando o mural dos superamigos, aprendendo unha frase pacífica e cantamos a canción de Maná, “Queremos paz”



A %d blogueros les gusta esto: