Archivo de la categoría: XOGOS DE AULA

Os choquetes tamén visitaron a batcova. Levaron o seu baúl cheo de cousiñas dos superhéroes, capas, bonecos, escudos, linternas, puzles, contos, máscaras,… algunhas estaban nas nosas casas e outras foron feitas polas familias. Como é un recuncho moi pequerrecho e os choquetes son tantos imos ir pasando pola batcova por grupiños pequenos. Mirade que ben o pasamos transformándonos en divertidos superheroes!


Diego e a súa familia, no receitario “para sentirse mellor” dos choquetes, aportaron unha orixinal receita para rir e divertirse mogollón. A súa receita chamábase “PONLLE A COLA AO BURRO”, e como a familia de Diego non podía vir ao cole a facer con nós a súa receita, enviáronnos un simpático vídeo explicativo. Mirade que ben o pasamos! Un divertido xogo para rir e traballar xuntos para axudar aos compañeir@s.


Nesta ocasión fixemos un novo notebook, para traballar na nosa pseudo-PDI. Traballamos contidos relacionados cos deportes, coa lectoescritura, coa lóxico-matemática,… é unha divertida forma de aprender todos xuntos sen darnos conta de que estamos traballando. Imos amosarvos uns pequenos retazos deses momentos de traballo.


Despois de tantos preparativos, chegou o día da nosa olimpiada, estabamos impacientes e pasámolo moi ben. Xogamos ao lanzamento de aros, aos bolos, as carreiras de relevos e  as carreiras con obstáculos. Queredes ver que ben xogamos, pois atentos que o vídeo vai comezar.


Neste terceiro trimestre para conseguir una vida sá, os choquetes van practicar moito deporte. Nesta ocasión estiveron preparando con moita ilusión diferentes elementos para poder dar forma á nosa pekeolimpiada. Mirade con que alegría preparan todo!


Aínda que na nosa clase a pantalla non é una PDI, nós xogamos con ela como se fose. Preparamos diferentes actividades de lecto-escritura e de lóxico-matemática para traballar todos xuntos. Tivemos que formar puzles, facer series, contar, relacionar cantidades con números,… relacionadas co conto que estamos a traballar neste trimestre “Unha eiruga moi larpeira”. Agora imos deixarvos unha pequena mostra de todo o que facemos na nosa pantalla. Encántanos xogar nela todos xuntos!!!


Despois do período de adaptación, os choquetes xa comezaron a asistir a clase de música, de inglés, de psicomotricidade,… Nesta ocasión a profe Isabel (música) fixo unha clase especial dentro da clase dos choquetes. Presentáronse, tocaron maracas para responder a consigna dada, e bailaron coas partes do corpo aínda que ás veces quedaban conxelados. Queredes ver que ben o pasaron, pois silencio… que o baile vai comezar!!!

 



A %d blogueros les gusta esto: