En Reboreda levamos algún tempo cuestionándonos o noso xeito de educar e buscando novas posibilidades metodolóxicas. Por iso formamos un Seminario Permanente para traballar sobre a aprendizaxe cooperativa. O ano pasado comezamos a facer pequenas achegas que se convertiron en grandes proxectos coma A TENDA. Este ano queremos ir un paso máis alá e compartir con tod@s vos o que vaiamos aprendendo.

Creamos unha wiki onde tedes información teórica e práctica.

Unha vez que entrades o primeiro que atopades é a páxina de presentación e benvida, onde tedes ao final de todo un enlace ao noso symbaloo (unha páxina de favoritos onde temos os recursos webs que usamos durante o noso traballo)

Para navegar pola wiki tedes que usar a barra lateral dereita.

Nesta barra tedes entradas numeradas que son as páxinas teóricas e as que non teñen número son as actividades que levamos a cabo nas nosas aulas. As actividades prácticas teñen todas o mesmo formato: nome da actividade, idade a que vai dirixida, técnica traballada, obxectivos…

Nas entradas veredes que hai algunhas que teñen unha frecha verde, iso significa que hai un enlace externo: un vídeo, un enlace web, a unha entrada do blog…

Finalmente, hai un apartado de descargas onde iremos pondo material para que podiades descargar que usar nas vosas aulas.

Aquí tedes a dirección da nosa wiki. Esperamos que vos guste!!!

https://mestrescooperativos.wikispaces.com/

 


1 Comentario/s

  1. profe Rosa

    14 enero 2012 en 11:45

    Noraboa profe Vero!!! Isto está xenial, así toda a información está recollida e organizada.



Deja un comentario