Dende o curso pasado no noso cole temos clases de BIMODAL os martes ás 15.30. Estas sesións están abertas a toda a comunidade educativa e naceron da necesidade de poder comunicarnos co alumnado que non posúe lingua oral e precisa dun sistema alternativo de comunicación.

Esta nova páxina nace para recoller as clases e que poidamos volver a elas e repasar, así como, para ofrecer a posibilidade a quen se queira achegar de poder aprender signos e ter unha lingua máis.

Cada semana iremos colgando os vídeos das clases pero, ademáis, imos ter un apartado para que poidades baixar en papel algúns dos signos que imos traballando organizados por temas. Para que sexa máis cómodo  creamos un site: https://sites.google.com/site/bimodalparatodos/ onde tedes distintos apartados.

Por unha banda as clases dos martes en vídeo. Enriba de cada vídeo tedes o tema que traballamos. Están ordeadas de máis recentes a máis antigas para que os que sigades a clase de xeito periódico o atopedes máis facilmente. Así a primeira lección estará ao final da columna e a última clase que demos será a primeira que atopedes. Debaixo de cada vídeo tedes unha dirección web que vos permite baixar o vídeo ao voso ordenador en formato wmv.

Por outro lado, na segunda columna, tedes as clases que a profe Alejandra e Brais dan na aula dos Cocoricos para os nenos. Tamén irán en orden de máis recente a máis antigo e tamén podedes baixalas ao voso equipo co enlace que atoparedes debaixo do vídeo.

Na terceira columna tedes un apartado máis lúdico onde colgaremos as cancións que signemos na clase, os contos, algún xogo…

Finalmente, na parte máis a esquerda hai un apartado de descargas onde podedes baixar e imprimir algún do vocabulario traballado na clase. Ademais, tamén atoparedes enlaces de interese onde tedes máis material e información sobre o sistema bimodal.

Deixamos na páxina de xeito permanente o primeiro vídeo e un enlace ao site:https://sites.google.com/site/bimodalparatodos/

onde teredes, semana a semana, novos vídeos e información.

Esperamos que isto vos sexa de axuda  e, coma sempre, estamos abertos a melloras e cambios que nos podedes facer chegar a través dos vosos comentarios.


5 Comentario/s

  1. carulohome37

    8 octubre 2012 en 11:45

    Esta si que unha idea xenial gracias polo esforzo que facedes



  2. rita

    10 octubre 2012 en 11:45

    Para min é unha das mellores actividades complementarias que se poden facer … e moi importante a comunicación entre as personas e saber falar cun neno con limitacións xq o entendes e eres capaz de comunicarte con él é moi importante.



  3. Ana Area

    8 octubre 2013 en 11:45

    É moi de agradecer o voso esforzo, é unha oportunidade moi interesante! Espero poder unirme .



    • nivecaro

      9 octubre 2013 en 11:45

      Non é un esforzo, sinceramente. É un pracer poder contribuir cun pequeno gran de area a que todo o mundo teña o seu sitio na nosa escola.



Deja un comentario