Se algo nos caracteriza aos «Pequesreboreda» son os proxectos que levamos cada ano en colaboración coas familias. Trátase de abrir as nosas aulas para que as familias pasen e disfruten connosco dunha xornada. É un xeito de implicalas no noso traballos e darlles a oportunidade de ver que pasa no centro cos seus fillos, en que consiste o traballo por proxectos ou amosarlles un pouco cal é o xeito de aprender dos seus pequenos.
Ao longo dos últimos anos e sempre en consonancia co proxecto de centro que esteamos a levar a cabo deseñamos algún tipo de proposta para que as familias formen parte da aprendizaxe do noso alumnado.
Cada ano facemos unha reunión para explicarlles a proposta. Estas sempre son voluntarias pero, normalmente, acaban tendo unha gran acollida e case todas as familias participan, xa que, os mellores publicistas destas actividades son os propios nenos que piden aos seus pais que veñan a aula.
Por suposto, documentamos, grabamos e subimos ao blog todo o que facemos para que o resto das familias vexan o que están a facer os demais e perdan o medo a vir. Tamén, coma non podía ser doutro xeito, as mestras estamos ao seu lado en todo momento, botándolles un cabo, aínda que, fanno tan ben, que non nos precisan para nada.
Nesta páxina do blog imos ir recollendo algúns dos proxectos que levamos feito ao longo destes anos e que tiveron unha boa acollida para que podiades ver todo o proceso e coma e a participación.
Coma sempre se precisades máis información non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico ou deixando un comentario no propio blog.
A orde dos proxecto será do máis recente ao máis antigo e iremos actualizando a medida que os proxectos vaían evoluindo.
A estructura será para todos a mesma, primeiro presentaremos o proxecto e a continuación podedes acceder a un symbaloo onde tedes todas as actividades que levamos a cabo na aula recollidas para que poidades velas todas sen que ter navegar un pouco a deriba pola páxina principal, xa que, coma publicamos sobre todo o que acontece na aula, non so os proxectos, ás veces, é difícil poder pescudar todas as entradas.
Esperamos que vos sexa de utilidade.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Creo que a estas alturas estes talleres xa son un signo de identidade dos «pequesreboreda». Comezamos os talleres coas familias alá polo ano 2009 facendo unha maleta científica que nos deu moitas alegrias e, dende ese momento, descubrimos que as familias tiñan que estar na aula connosco porque o intercambio era fantástico e, cada familia, sempre aporta moitísimos beneficios ao noso traballo diario. Ademais, abrir a aula as familias, amosarnos como somos e coma traballamos achegamos e facilita moito que poidamos traballar en sintonía.
Por iso cada vez que iniciamos un proxecto en familia emocionámonos coma os nen@s. Nesta ocasión temos un reto acorde co proxecto que estamos traballando este curso, imos facer un recetario entre todos pero un recetario para a alma dos Apolos e dos Choquetes cheo de receitas que nos fagan sorrir, pasalo ben e disfrutar dun bo rato xuntos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Cada semana un nen@ leva un maletín especial cheo de contos inspirados relacionados co proxecto e dous libros a cubrir, o recetario onde escribirán a receita que queren facer e o libro de avaliación para recoller as impresións sobre a actividade.
A semana seguinte de levar o maletín as familias virán a aula e faremos a receita entre todos.
As receitas non teñen que ser de cociña pode ser calquera cousa que nos faga sentir ben. Para inspirar as familias no libro incluimos tres receitas sinxelas e que lles poden dar ideas do que queremos.
Estou desexando amosarvos todas e cada unha das receitas que fagamos.
Aquí comezamos a nosa película.

 

Cada semana unha familia dos Apolos e unha dos Choquetes veu ao cole a facernos unha destas receitas tan especiais. No libro de avaliación da actividade cubren unha ficha onde nos din que día van vir ao centro e que material precisan, se é o caso. E a partir de aí, xa son as propias familias as que dirixen a actividade. Estas son as que fixemos este ano:
recetapolario symbaloo