MARTA, SOFÍA E OS CABALIÑOS DE PAU

OLYMPUS DIGITAL CAMERA O portfolio visitou fai varias semanas a casa de Marcos e Xiana pero por problemas de axenda tivemos que deixar o taller ata fai uns días. Viñeron ao cole Marta e Sofía, as educadoras. Aproveitaron a visita para ensinarnos a súa arte, sabedes cal? Contar contos que saen da “cabeza” de Marta.

Marta contounos a historia de Santi e o cabaliño de pau e despois construimos os cabaliños. Marta e Sofía traian todas as bocas, ollos, orellas e cabeleiras preparadas para os 36 nenos, así coma as botellas de plástico. Así que fixemos catro grupos e seguindo as indicacións de Marta e Sofía fixemos os cabaliños.

Os Apolos e aos Sapiens pasáronno xenial.

MOITÍSIMAS GRAZAS A MARTA E SOFÍA POR ACOMPAÑARNOS E TRAER UN TALLER TAN CHULO PARA FACER NA AULA.

 

6ª SEMANA DOS VERMES DE SEDA

Seguimos coidando os nosos vermes e xa están enormes. A verdade é que non nos dan máis que satisfaccións, os Apolos están aprendendo moitísimo con eles, sobre todo, a nivel sensorial e experimental.
No vídeo podedes varias cousas, entre elas coma interactúan con eles. Eu tento manterme á marxe todo o posible. Filmeinos en varios momentos e podedes ver as súas caras e coma exploran sos. Realmente da gusto velos tan implicados.

CREANDO HISTORIAS COA FÁBRICA DOS CONTOS

Os Sapiens, son grandes artistas na pintura, na escultura,… e agora tamén son grandes creadores de historias. Coa axuda da “Fábrica dos contos” é moi divertido dar forma a orixinais historias con divertidas personaxes de conto, nuns lugares máxicos e cuns obxectos moi especiais. Escoitade a divertida historia da princesa e o seu agasallo máxico. Noraboa Sapiens!!! Seguide sendo sempre tan creativos!

WALLY, O ROBOT MÁIS ARTÍSTICO DOS SAPIENS

Max e a súa familia, levaron a maleta dos artistas fai uns días e estiveron dándolle moitas voltas para dar forma a súa orixinal obra de arte, o seu robot Wally. Aproveitaron partes de electrodomésticos vellos, cables, enchufes, pilas,… e este foi o resultado final. Se queredes facer un, só tedes que escoitar con atención ás explicacións de como se fai da man de Max.

UN ARTE VIVO E NATURAL: OS CESPÍNS DE MARCIA

Fai unhas semanas foi o turno da mamá de Alba. Veu visitarnos ao cole para ensinarnos a súa arte e resulta que sabe facer cespíns. Non sabedes o que son?
Atentos que aquí vos explicamos todo paso a paso.

NORABOA A MARCIA QUE O FIXO MOI, MOI BEN.ENCANTOUNOS TERTE NA AULA