Esta semana, na clase de psicomotricidade, tivemos uns mestres moi particulares, os nosos compañeir@s de sexto curso de primaria, que nos ensinaron uns novos xogos do mundo, por exemplo, xogos de Portugal, da China, de América do Sur, de África, de Bolivia. O que máis nos gustou foi o xogo da China, o «mikado», consistía en deixar caer un montón de pauciños no chan e logo tentar coller de un en un sen mover aos outros, semellaba bastante difícil porque tiñamos que ter moito coidado e movernos despaciño para non descolocalos pero ao final resultou moi divertido. Tamén xogamos ao «reloxo» cunha corda que non debíamos pisar, á «pulga» con chapas das botellas e por último a «thunka» cunhas pedras e un debuxo no chan que se semellaba ao noso xogo da «mariquitiña». Para rematar a sesión xogamos todos xuntos a un xogo portugués que se chamaba «mata».

Estas experiencias entre ciclos son moi enriquecedoras para todos, xa que grandes e pequenos aprenden novas formas de interactuar e de traballar en equipo. Noraboa a todos e todas!!!