Archivo de la categoría: NOVAS


Soamente tedes que clicar na imaxe e xa vos leva a páxina onde están as fichas. Podedes unir con frechas, mover elementos ou colocar os números. Veredes todas as fichas e se na primeira dádelles a previsualizar podedes traballar unha tras outra  soamente con premer na frecha. Cando rematedes dádelle a terminado e logo podedes comprobar o resultado final de como o fixestedes.

ficha-2

 


Ahí vos deixo os traballiños dos alquimistas facendo pintura con volumen, con espuma de afeitar e cola ou no microondas. Mirade que obras artísticas!!!



Esta semana teremos que facer cadros empregando unha técnica diferente de pintura. Teredes que pintar dun xeito moi diferente porque a textura da pintura é moi diferente, recoméndovos empregar bolsiñas de plástico como e fosen mangas pasteleras para que sexa máis doado debuxar, non colorear.

Imos facer unha pintura máxica que cando seca ten volumen. Podemos facela de dúas formas, unha de secado rápido co microondas e outra de secado lento con cola branca e espuma de afeitar, podedes utilizar a técnica que máis vos guste. Clicade na imaxe e iredes a páxina onde vos contan como se poden facer esas pinturas

11037834-18299652

 

 

 

 


Déixovos un vídeo precioso cuns grandes artistas. Fixádevos ben porque seguro que algún deles dentro duns anos estarán firmando autógrafos. Parabéns!!!


Nesta ocasión o reto vai ser creativo. Aproveitando os vosos pequenos paseos que agora xa podemos dar imos ir recollendo pedras lisas para logo decorar e facer uns bonitos pisapapeis para os nosos escritorios, podemos pintalos con témperas e logo botarlle cola ou laca para que non manchen, tamén podemos pintalas con esmaltes de uñas e así xa non hai que barnizar as pedras. Podedes decoralas como máis vos guste, con motivos primaverais, de animais, de corazóns,…

Ahí vos deixo uns modelos:

Como é a semana das letras galegas, imos tentar falar un pouquiño en galego. Por iso o reto destes días será:  mandar fotiños dos alquimistas lendo contos en galego, tamén podedes mandarme vídeos contando un conto ou cantando algunha canción, pero lembrade… que sexa en galego!!!

Anímovos a facer en familia o voso propio videoclip. Lembrades as curtas do samaín??? Pois espero con ilusión os vosos pequenos vídeos dunha duración de 1 minutiño.


Clicade na imaxe e iredes a páxina web que contén unha chea de xogos divertidos para facer en familia. Son xogos de números, de letras, de atención,… soamente tedes que premer na frecha e iredes pasando de xogo en xogo pero antes de pasar ao seguinte debedes comprobar se o fixestes ben premendo en: Green Check mark on white background

 

 

 


 

E agora vos deixo o contomusicado

 


Vaia, vaia!!! Pero que creativos son os meus alquimistas! Mirade que cousiñas tan xeitosiñas fixeron envolvendo lás!


Estes días os alquimistas traballan cos números nas súas casas con materiais que teñen por alí, como: cartóns do papel hixiénico, pinzas, botóns,… Relacionan grafías e cantidades, repasan a serie numérica (cada día máis longa), buscan os números agochados na serie numérica, suman,…

Canto traballan estes alquimistas!!! E cantas ideas teñen as súas familias!!! Parabéns a todos e a todas!!!


Ola alquimistas!!! Xa estou aquí de novo cun novo reto semanal. Nesta ocasión imos facer uns divertidos globos antiestrés con fariña, cos que xogaremos as emocións moldeando diferentes cariñas, como: medo, alegría, tristeza, rabia, duda, asco,…