Como falamos na reunión coas familias, dentro do noso proxecto, O fluir das Tics, queremos enviar a casa, ademáis do portátil, unha alfombra máxica coa que os nen@s poden xogar e, de paso, aprender a escribir cos pés. Aquí vos deixamos 3 vídeos onde podedes ver aos nen@s traballando e divertíndose coas alfombras. No primeiro estamos a facer o calendario pero cos pés, no segundo escribimos palabras relacionadas coa auga e o terceiro son os nen@s no recuncho da alfombra. Neste último hai moito balbordo de fondo pero queria que mirárades como xogan de xeito natural os uns cos outros e como buscan solucións aos problemas que lles xurden sobre a marcha.

Esta idea das alfombras que recollemos do Congreso Tecnonet en Murcia e que está a ser presentada no Congreso Tadega en Ourense que está tendo lugar este fin de semana, tivo unha gran acollida.

Joaquín Fonoll, traballador da Generalitat de Cataluña, que foi quen nos presentou este material en Murcia quedou cos vídeos dos Vincis e ten moito interese en ver como resulta o traballo coas familias. Unha vez máis os Pequesreboreda traspasan fronteiras.