Archivo de la categoría: TICS

Grazas a o papi de Antón, descubrín unha nova forma de crear fichas interactivas, hoxe déixovos a primeira proba. Clicades na imaxe e xa ides a páxina onde está a ficha despois xa podedes resolver o puzzle e ao final comprobar se o fixéstedes ben.

Se o resultado é 10/10 quere dicir que sodes uns xenios meus alquimistas.

puzzle raqueta

 

 

 


A nosa maleta segue visitando casas e volvendo chea de experiencias, risas, pescudas e moito traballo para as familias. Nesta ocasión David reuniu a papá, mamá e Alba, a súa irmán, e viu con este trebello para compartir con todos os Apolos.


A nosa maleta segue de viaxe. Nesta ocasión pasou uns días na casa de Teo onde fixeron un simpático robot con material de refugallo e así nolo explicou el.


Unha semana máis a maleta saiu da clase dos Apolos para pasar uns días na casa de Mauro. Alí, Mauro máis ou seu pai estiveron moi ocupados xogando cos robots e construindo un fantástico coche! Mellor que volo conte el que faino moi ben!


Dende que mercamos a Dash grazas a axuda das familias tiña na cabeza a idea de facer unha maleta viaxeira e que Dash fose a casa dos Apolos pero o curso pasa enseguida e, entre unhas actividades e outras, chegamos ao mes de maio, así que descartei a idea. Pero, cando lle dixen aos Apolos que non ían levar a Dash quedaron tan decepcionados que tiven que retomar a idea. Así que deille unha volta e puxemos a maleta a rodar.
No seguinte vídeo podedes ver o que vai dentro. As familias teñen a misión de devolver a maleta cun robot caseiro feito en familia.
A idea é  pasar un bo rato en familia construíndo algo xuntos, vendo coma o refugallo cobra vida e onde os Apolos poidan amosar a súa familia todo o que levamos aprendido este curso.
A resposta, unha vez máis, está sendo extraordinaria e a cara dos Apolos cando levan a maleta e volven co robot xa o di todo e só por iso xa paga a pena todo o esforzo previo.
Alguén preguntou que faciamos cos robots que chegaban, no vídeo tedes  a resposta.

SEGUIDE ATENTOS PORQUE ISTO ACABA DE EMPEZAR.


QMCH_invitacion07(1)

Moitos xa recibistes a invitación na casa, para o resto, un ano máis participamos no concurso «Nos tamén creamos» da Secretaría Xeral de Política Lingüística. E chegou á hora de compartir con todos horas e horas de traballo. Para ir abrindo boca aquí vos deixamos o trailer da película deste ano.

NON FALTEDES!!!


Rematamos os días de préstamo de Dash e Dot xogando con esta pequena bola robótica. Programamos a Dot usando Blocky para que fose cambiando de cores e, pasado un tempo, soase unha serea. Con esta codificación tan sinxela xogamos a pasarnos a Dot seguindo unha consigna. Empezamos xogando as palabras encadeadas. Se cando tiñas a Dot na man soaba a serea quedabas eliminado.
Gustoulles un montón. Coma o día que o probamos foi o venres, e o traballo nos recunchos, se tes todo feito, é libre pedíronme se podían ir xogar con Dot así que eles inventaron as súas propias consignas.
So tedes que verlles as caras!!!


Coma sabedes temos unha maleta chea de complementos de Dash que nos prestaron da editorial Vicens Vives e queremos probalos todos. O outro día collemos o xilófono. Non sabiamos moi ben coma ía así que tivemos que ir pescudando, como? Pois coa técnica infalible de proba-erro.


A semana pasada os Apolos tivemos unha visita. Mercedes Hernani da editorial Vicens Vives pasou polo cole para deixarnos en préstamo unha caixa con Dash, Dot e todos os seus complementos así que estes días andamos probando e investigando con todo.
Entre os complementos hai unha especie de recolledor laranxa que ao colocarllo a Dash fai que este vaia empurrando os elementos que ten diante.
Ides ver a un dos equipos investigando e probando de xeito libre!!! Téñenme fascinada!


Unha semana máis os equipos tiveron que enfrontarse a un novo reto de Dash. Nesta ocasión había que conseguir que Dash debuxara un círculo, para iso vimos un vídeo onde Dash pintaba e, a partir de aí, os equipos comezaron a traballar.
Non vos quero adiantar moito pero un dos equipos non deu resolto o reto e algún membro do equipo quedou tocado, non en sentido negativo, senón con espírito de superación. Non vos conto máis!


Dende o EDNL do centro propúxosenos facer un mural sobre un persoaeiro galego ao que consideraramos un superheroe e os Apolos tivemos claro que queriamos saber máis dos creadores de Escornabot, xa que é un robot deseñado e programado en Galicia, o seu software é libre e pode mudarse en función das necesidades de cada un. E para deseñar algo así hai que ser un poco superheroes, non credes?


A semana pasada comezamos unha nova aventura cos robots.

Coma son uns expertos manexando a Dash decidín poñerllo difícil para que traballasen en equipo, tivesen que tomar decisións en conxunto e superar dificultades. Este primeiro reto consistía en derribar aos villanos que estaban nunha cuadrícula. Os villanos podían moverse sempre que fose na liña na que estaban colocados e Dash tiña que acabar con todos dunha soa pasada.
Cada equipo tomou as súas decisións e tivo a súa estratexia. Xa vos adianto que ningún equipo o conseguiu (cousa coa que contaba) pero dos erros apréndese moito e nunhas semanas volveremos ao reto e de seguro que nos sorprenden os seus avances.


Os equipos tiveron un día de descanso para tentar reparar os erros. O equipo 2 que ía máis retrasado puso a 5ª e…


EQUIPO 1- 1º INTENTO

Vou tentar nos seguintes post contarvos días intensos de traballo na aula dos Apolos.
Algúns profes estamos a facer un curso para mudar o noso xeito de dar clase e unha das cousas que saquei en limpo é que os profes falamos moito e anticipámonos. O noso papel é guiar e orientar, poñer os medios, facilitar pero nunca dar as solucións.
Partindo disto, cada semana, no recuncho de robótica, os equipos van ter un reto para facer con Dash. E un reto que deben superar por eles mesmos poñendo as súas cabezas a traballar e experimentando de xeito práctico as súas ideas. Sabendo que vanse trabucar pero que eses erros servirán para mellorar o proceso é chegar a resultado que queren.
Nesta ocasión a misión para os nosos superheroes era poñer a Dash a sumar.
A misión era moi complexa, primeiro porque había que crear o espazo de suma, traballar en equipo, establecer criterios de medida, formular hipóteses e crear un escenario onde poder comprobalas.
As profes quedamos nun segundo plano dando material e observando e isto foi o que pasou.


O noso recuncho de robótica está a ferver dende que chegou Dash.

Algúns equipos so queren xogar coa aplicación GO que permite movelo, facer sonidos, mudar os leds…, outros xogan con Path e poñen a Dash a superar pequenos retos. Logo están os que sempre queren máis. Lembrades que falamos da linguaxe computacional e coma manexamos CODE, pois Dash pode reprogramarse con CODE pero a aplicación está suxerida a partir de 8 anos porque as ordes non veñen con debuxos, senón con letras pero… coma querer é poder e non hai arma máis poderosa que a curiosidade e as ganas de aprender, conseguiron reprogramar a Dash, e o mellor de todo, superar unha chea de dificultades usando a intuición.

Fixeron un circuito que tiña que recorrer Dash, eu sei que cada paso de Dash son 10 cm pero eles no así que, coma calcular os pasos? Pois simple, proba-erro, chega ou non chega.

Pero ao volver a comezar… nunca o colocamos exactamente no mesmo sitio así que desplazase a un lado ou outro. Que facemos? Pois poñer unha marca de inicio.

É así, pouco a pouco, solventaron problemas, puxéronse un obxectivo e…
Isto é o que pasa cando aprendes por ti mesmo!!!